Novas
25 N DIA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XENERO; publicado o 25/11/21
Con motivo do Día internacional para a eliminación da Violencia de Xénero, o Concello de Vilasantar manifesta o seu máis profundo rexeitamento a calquera forma de violencia exercida contra as mulleres. A violencia contra as mulleres é a expresión máis dramática da desigualdade de xénero no mundo.
O Concello de Vilasantar esta totalmente comprometido con esta causa, e consciente da importancia de sensibilizar e concienciar dende idades temperás, e vai a desenvolver un proxecto educativo cos nenos e nenas do CEIP de Présaras, co obxectivo de ir construíndo unha sociedade mais xusta e igualitaria, e poder erradicar a violencia de xénero.
Nesta semana, baixo o lema “ Deixa que se escoite a túa voz” vaise desenvolver un curso sobre a linguaxe sexista. Nos vindeiros meses, seguiremos traballando desenvolvendo un proxecto educativo chamado “Fino orballo que vai calando na túa conciencia”. Este proxecto vai ter dúas liñas de actuación que converxen e dan soporte unha á outra.
Por unha banda talleres e obradoiros en torno á igualdade de xénero, tales como: Coñecendo os conceptos clave, Roles e estereotipos de xénero, A invisibilicación da muller ó longo da historia, A Publicidade sexista, Que é iso do amor romántico?, Faite ver! E As nosas mulleres. E por outra banda a introdución do “maisntreaming de xénero” en tódalas rutinas de vida diaria do centro.
De igual xeito este proxecto abordará tamén a formación continuada cos mestres e mestras e tamén faranse intervencións e formacións cas nais e pais do menores.
Entendemos que o futuro da sociedade está nas mans dos máis novos/as e por iso consideramos de vital importancia traballar nesta temática dende idades temperás para que neste proceso de socialización e educación no que os nenos e nenas xeren a súa propia identidade, interioricen e normalicen a igualdade de xénero.