Novas
A XUNTA DESTINARÁ MÁIS DE 2,9 MILLÓNS DE € A AXUDAS PARA REHABILITACIÓN DE VIVENDAS NA ÁREA DE REHABILITACIÓN DOS CAMIÑOS DE SANTIAGO
Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as comunidades de propietarios, as agrupacións de comunidades de propietarios e as persoas físicas propietarias únicas de edificios ou de vivendas que estean emprazadas no ámbito da ARI dos Camiños de Santiago e estean en posesión da correspondente resolución de cualificación definitiva outorgada polo Instituto Galego da Vivenda e Solo.
O importe máximo da axuda será de 15.000 € por vivenda, dos que 11.000 serán de financiamento estatal e non poderán superar máis do 35% do orzamento e 4.000 de financiamento autonómico, co límite do 10% do orzamento.
Amplie a información accedendo ao DOG: Acceda ao DOG