Novas
ALERTA DA DIRECCIÓN XERAL DE EMERXENCIAS E INTERIOR DUN EPISODIO DE FENÓMENOS METEOROLÓXICOS ADVERSOS PARA GALICIA
TIPOLOXÍA: VENTO
ESTE AVISO CONSIDÉRASE VÁLIDO ATA A MODIFICACIÓN NO NIVEL DE ALERTA.
NIVEL DE ALERTA: LARANXA
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín núm. 13/71GAL emitido o día 31/01/2019 ás 09:24 horas, dun fenómeno meteorolóxico adverso por VENTOS con refachos de ata 100 km/h (W e SW) que afectará: A Coruña, Lugo e Pontevedra. Comezando as 04:00 h do día 01/02/2019 e prolongándose ata a maña do mesmo día.
A tenor do alertado RECOMÉNDASE:
– Evitar as actividades ó exterior.
– Evitar os desprazamentos, en todo caso, antes de coller o coche, consultar o estado das estradas.
– Recordar que co vento o mobiliario urbano puido terse desprazado e os restos de árbores e pólas que puideron caer á vía poden condicionar a circulación.
– Non empregar vehículos lixeiros, como bicicletas ou ciclomotores.
Afastarse de edificios ruinosos, árbores, paneis publicitarios, estradas e obxectos que sexan susceptibles de desprazarse co vento.
– Retirar das fiestras, dos balcóns e dos tellados calquera obxecto que poi
poida da caer á rúa.
Lembrar que o efecto de arrastre das choivas acaecidas pode provocar o desprendemento de terra e pedras.
POLO QUE A DIRECCIÓN XERAL DE EMERXENCIAS E INTERIOR COMUNÍCALLES QUE, EN PREVISIÓN DESTES FEITOS: Adopten as medidas preventivas necesarias ante as citadas predicións meteorolóxicas e no seu caso ALERTEN ou MOBILICEN ós medios e recursos dispoñibles.
Ante calquera emerxencia chame ó 112
En el caso de necesitar información más puntual o detallada, llame al CENTRO INTEGRADO DE ATENCIÓN A EMERGENCIAS 112 GALICIA, o consulte la página web da AEMET: www.aemet.es., del CIAE 112:
www.axega112.gal y de Meteogalicia: www.meteogalicia.es