Novas
AMPLIACIÓN PRAZO XESTIÓN BIOMASA, publicado 04-05-2020
Como moi ben sabemos en torno ao solo urbano, de núcleo rural e vivendas illadas nos primeiros 50 metros ten que estar controlada a vexetación (tala e roza) e non pode haber especies pirófitas, como eucaliptos, piñeiros, acacias, toxos ou xestas.
Por xestión de biomasa enténdese que o sustrato arbustivo ten que estar xestionado (rozado) e que a masa arbórea ten que estar aclarada e podada. Ademáis, nos 50 metros de franxa establecidos as copas das árbores deberán distar como mínimo 10 metros das edificacións e nunca se poderán proxectar sobre os tellados. A franxa dos 50 metros terá que respectarse en torno as edificacións e vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, gasolineras, parques e instalacións industriais.
No DOGA número 82, do mércores 29 de abril, publicouse unha resolución na cal adicionase o prazo (ate agora era do 31 de maio), para as actividades de limpeza en atención as especiais circunstancias derivadas do estado de alarma, que se estenderá ata o 16 de xullo de 2020 inclusive.