Novas
ANDAINA RUTA DOS MUIÑOS
O vindeiro sábado 6 de abril o concello organiza unha andaina pola Ruta dos muiños. Actividade totalmente gratuíta.
Lugar de inicio Muiño do Ferreiro.
Lugar de remate da actividade: O Batán ou A Ponte do Sapo.
Saída: as 10:00 da mañán.
Chegada: 11:40 aproximadamente.
Poderán asistir todos os veciños do pobo, maiores e nenos (menores de 12 anos deberán ir acompañados dun adulto).
Recoméndase o uso de chaleco reflectante.
Ante calquera dúbida poden chamar ao Concello (981 778 169) ou ao técnico deportivo (667 053 287).