Novas
CONVOTORIA DE AXUDAS Á NATALIDADE 2019
Descargar as bases da convocatoria
O día 7 de novembro de 2019 publícase no Boletín Oficial da Provincia da Coruña a CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS DE APOIO A NATALIDADE 2019.
Serán beneficiarios aquelas persoas empadroadas no Concello de Vilasantar que se convirtan en pais e/ou nais a través do nacemento, adopción ou acollemento dun/dunha fillo/a sempre que cumpra os seguintes requisitos:
a) Cando menos un dos proxenitores deberá atoparse empadroado, e polo tanto residir, no Concello de Vilasantar, cunha antelación mímina de 6 meses á data do parto ou acto de adopción ou acollemento.
b) os/as nados/as, adoptados/as ou acollidos/as deberán ser inscritos no padrón de habitantes do Concello de Vilasantar.
Os proxenitores, ou polo menos, un deses, deberanse comprometer a permanecer empadroados no Concello de Vilasantar, do mesmo xeito que o seu fillo/a, duante un período mínimo de 1 ano tras o tracemento deste. Esta circunstancia poderá ser comprobada en calquera momento polo Concello, solicitando os informes que procedan.
Documentacion a presentar:
– Fotocopia do libro de familia e do DNI do solicitante
– Copia do auto xudicial de adopción de selo caso.
– Compromiso de seguir empadroados no Concello de Vilasantar por un período mínimo de 1 ano.
– Compromiso de proceder á devolución da axuda no caso de deixar de cumprir algún dos requisitos necesarios para ser beneficiario da mesma, ou ben cando sexa probado por parte do Concello que non se cumpre algún dos mencionados requisitos.
– Certificación dos datos bancarios para ingresar o importe da axuda, de selo caso.
– Autorización para a consulta dos datos persoais do padrón de habitantes do Concello aos efectos da comprobación do efectivo empadroamento das persoas solicitanes.
O PRAZO DE SOLICITUDE será de doce meses dende o día seguinte ao que se produciu o nacemento ou acto de adopción ou acollemento.
A CONTÍA DA AXUDA SERÁ DE 500 EUROS POR CADA FILLO NACIDO, ACOLLIDO OU ADOPTADO ENTRE O 1 DE XANEIRO E O 31 DE DECEMBRO DO ANO EN CURSO.
No caso de nacementos, acollementos ou adopcións de fillos con algunha discapacidade e teñan recoñecido o grao igual ou superior ao 33% a contía da axuda poderá chegar a 1.000 euros.
Novas
XUNTOS POLO NADAL 2019
A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade organiza este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.
Prazas e destinos
· 105 na Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán (Pontevedra), para as persoas solicitantes das provincias de A Coruña e Ourense.
Datas e servizos
Este programa levarase a cabo entre o día 23 de decembro de 2019 e o día 7 de xaneiro de 2020 e comprende os seguintes servizos:
· Estancia na residencia durante 16 días (15 noites).
· Aloxamento en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa.
· Desprazamento en autobús desde os lugares que se establezan nas localidades que corresponda (Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo ou Ourense) ata a residencia de tempo libre que se lle adxudique e viceversa.
· Actividades de animación sociocultural.
A recollida das persoas participantes efectuarase o día 23 de decembro pola tarde e a volta o día 7 de xaneiro despois do almorzo.
Persoas beneficiarias
a. Ter 60 anos, cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
b. Estar empadroado nalgún concello galego.
c. Vivir so no seu domicilio e ter que pasar só/a as datas do Nadal.
d. Valerse por si mesmo e non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio, nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da estadía.
Para a selección dos participantes daráselle preferencia ás persoas que:
· Perderan ao seu cónxuxe ou persoa coa que convivisen nos últimos anos.
· Teñan máis idade
· Teñan un menor nivel de ingresos económicos.
· Non participaran no Programa Xuntos polo Nadal en pasadas edicións.
Solicitudes As solicitudes, acompañadas do informe social e da declaración responsable, formularase nos modelos establecidos ao efecto e estarán debidamente cubertas e asinadas pola persoa que corresponda.
O prazo de presentación será ata o día 15 de novembro incluído, nos servizos sociais comunitarios dos concellos, nos departamentos de traballo social dos centros de saúde ou hospitais, nas xefaturas territoriais ou Centros Sociocomunitarios de Benestar, dependentes da Consellería de Política Social; ou ben por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas
Prezo da praza
As persoas participantes que teñan uns ingresos inferiores ao IPREM (537,84€/mes), asistirán de forma gratuíta ao programa, mentres que aquelas cuns ingresos superiores a dito importe contribuirán ao pago da estancia coa achega de 50€.
Unha vez efectuado o ingreso de dito importe, se é o caso, só se efectuará a súa devolución se non se incorporan ao programa e o comunican por escrito polo menos con 10 días de antelación ao seu comezo; ou o día anterior ou o mesmo día no caso de forza maior: enfermidade ou falecemento dun familiar; situacións que terá que acreditar coa solicitude no caso de solicitar a devolución. Non se lles devolverá ningún importe se abandonan o programa unha vez iniciado o mesmo, ou non se atopan nos supostos anteriores.
Os gastos de desprazamento desde o domicilio dos adxudicatarios ata o lugar de saída que se indique nas localidades de Ferrol, A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra ou Vigo e viceversa serán por conta da persoa participante.
Documentación
As persoas ás que se lle adxudique praza terán que confirmar a súa asistencia e, no momento de incorporarse ao programa, ir provistas de:
· DNI ou pasaporte en vigor.
· Informe médico actualizado no caso de ter algunha limitación, alerxia ou enfermidade que requira de algunha atención especial (control sanitario, tratamento farmacolóxico, alimentación, accesorio de apoio, habitación individual …etc). De non levar a acreditación da necesidade, non se lle prestará ningún tipo de atención especial.
· Tarxeta sanitaria, medicación habitual necesaria e/ou accesorios para o transcurso da estadía.
· Roupa cómoda.
Competencias Profesionais., Novas
INFORMACIÓN DE CURSOS CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDAD. ESCUELA DE FINANZAS
- COMM0110 Marketing y Compraventa internacional. (Del 24-10-2019 a 15-06-2020) de 9 a 14:15h.
Fecha prueba de selección: 23-10-2019 a las 10h.
- IFCD0112 Programación con lenguajes orientados a objetos y bases de datos relacionales. (24-10-2019 a 26-05-2020) de 9 a 14:30h.
Fecha prueba de selección: 23-10-2019 a las 10h.
- IFCD0111 Programación con lenguajes estructurados de aplicaciones de gestión. (24-10-2019 a 22-05-2020) de 15:30 a 20:30h.
Fecha prueba de selección 23-10-2019 a las 15h.
INSCRIPCIÓN E INFORMACIÓN: TFNO. 881900813 MAIL. effuture@efbs.edu.es
Novas
REUNIÓN INFORMATIVA PARCELARIA SAN VICENZO
Convócase a tódalas persoas propietarias e interesadas no proceso de concentración parcelaria da zona de San Vicenzo de Curtis (Vilasantar) a unha reunión informativa sobre a aprobación do acordo de reestruturación parcelaria.
DATA: MÉRCORES 23 DE OUTUBRO DE 2019
HORA: 11:00 h
Novas
INVITACIÓN DA GARDA CIVIL CON MOTIVO DOS ACTOS CONMEMORATIVOS DA FESTIVIDADE DA NOSA SEÑORA DO PILAR
O Comandante de posto da Garda Civil de Curtis e persoal do mesmo SAÚDA e ten o honor de invitar aos actos que con motivo da Festividade da Nosa Señora do Pilar, Patrona da Garda Civil que se celebrarán o próximo 12 de outubro.
- Ás 12:30 h Santa Misa na Igrexa Parroquial de Nosa Señora de Lourdes en Curtis.
- Ás 13:15 h Ofrenda aos Caídos.
- Ás 14:00 h ofrecerase un viño español aos asistentes no Salón de Actos do Concello, sito no Campo da Feira en Curtis.
Novas
CONSUMO RESPONSABLE DE AUGA
Dende o servizo municipal de auga do Concello de Vilasantar, INFORMAMOS que como consecuencia da falta de precipitacións nesta época do ano, os niveis de auga potable nos depósitos municipais non son capaces de recuperar ao ritmo desexado.
A auga é un ben escaso, polo que SOLICITAMOS a colaboración de todos os veciños/as para facer un uso responsable da auga nas súas vivendas, aplicando medidas de aforro para evitar posibles carencias e restriccións no futuro.
Recórdase que a auga é para consumo humano e que están totalmente PROHIBIDOS os enganches e usos sen a alta e a previa autorización do Concello, podendo ser sancionados en caso de detectarse algún nas revisiónas periódicas.
Novas
AVISO: CORTE DE SUMINISTRO POR LIMPEZA DO DEPÓSITO DE PRÉSARAS
Por mor dos traballos de limpeza do depósito de auga potable de Présaras, haberá un corte de suministro de auga en toda a rede de abastacemento de dito depósito: Présaras, Vilariño e Armental.
O corte será durante o xoves 3 de outubro e reestablecerase o servizo durante o venres día 4.
Pregamos desculpen as molestias.
Novas
REUNIÓNS PARCELARIA BARBEITO
ACORDO DE REESTRUTURACIÓN PARCELARIA DE BARBEITO
Co obxecto de resolver dúbidas aos interesados no proceso de reestruturación parcelaria da zona na fase de acordo, persoal do equipo técnico estará presente no LOCAL SOCIAL NA ESCOLA DO PAZO nas datas e horario que se expoñen a continuación.
MARTES DÍA 1 DE OUTUBRO DE 2019 de 9:30 a 14:00 h.
MÉRCORES DÍA 2 DE OUTUBRO DE 2019 de 9:30 a 13:30 h. e de 16:00 a 18:00 h.
XOVES DÍA 3 DE OUTUBRO DE 2019 de 9:30 a 14:00 h.
Enxeñeiro da Xunta de Galicia: Carlos Vivero Teijeiro
Teléfono: 981 18 45 41
Poderá tamén consultar os planos e o plan de cultivos no apartado de «publicacións» no seguinte enlace:
https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/concentracions-parcelarias-procesos
Empresa colaboradora: Proyestegal Teléfono: 982 25 43 61
Novas
AVISO: ZONA DE REESTRURACIÓN PARCELARIA DE BARBEITO
Comunícase aos interesados na reestruturación parcelaria da zona que haberá unha reunión informativa sobre a aprobación do Acordo de Reestruturación Parcelaria
LUGAR: Local social na Escola do Pazo
DATA: martes 24 de setembro de 2019
HORA: 11:00h



