Novas
AXUDAS A ASOCIACIÓNS 2019
No Boletín Oficial da Provincia do día 17 de decembro de 2019 publícase o extracto da Convocatoria de subvencións e axudas económicas a entidades sen ánimo de lucro do Concello de Vilasantar para o ano 2019.
O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días dende a data de publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Dende 18 de decembro de 2019 ao 10 de xaneiro de 2020.
Xunto coa solicitude presentarase a seguinte documentación:
- Fotocopia do CIF.
- Fotocopia do DNI do representate legal
- Declaración responsable de non ter débedas coa Facenda Estatal, Autonómica ou Local así como coa Seguridade Social.
- Memoria detallada das actividades que se van realizar e orzamento previsto das mesmas.
- Declaración responsable na que conste a solicitude doutras axudas ou subvencións para financiar ditas actividades.
- Certificación da conta bancaria a nome da entidade peticionaria.
- Certificación responsable de non encontrarse incursa en causa de prohibición de contratar.