Novas
AXUDAS A ASOCIACIÓNS
Axudas a Asociacións, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
Publicación: No Diario Oficial de Galicia do día 30 de decembro de 2019 (TR487A)
Beneficiarias: Asociacións de veciños, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas, para a realización de investimentos, tanto de obra como de equipamentos, en inmobles da súa titularidade ou os que teñan dereito de uso.
Axuda: a axuda económica que se conceda poderá acadar a totalidade do investimento realizado cun límite máximo por entidade de 12.000 euros para a realización de obras e de 5.000 euros para a dotación de equipamentos.
Actuacións subvencionables:
– Obras de acondicionamento, reforma e ampliación dos locais en que a entidade desenvolve a súa actividade.
– Adquisición de equipamentos dos locais necesarios para o funcionamento ordinario da entidade: mobiliario, equipos de oficina, equipamento informático e audiovisual.
– Obras de mellora, reforma e reparación das infraestruturas e instalacións das traídas de auga comunitarias, promovidas por comunidades de usuarios de augas.
A presentación das solicitudes realizarase obligatoriamente por medios electrónicos na sede da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal
Prazo de solicitude: ata o 30 de xaneiro de 2020