Novas
AXUDAS PROMOCIÓN ECONÓMICA E INVESTIMENTOS CULTURAIS
AXUDAS DA DEPUTACION DA CORUÑA A ASOCIACIÓNS (ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO)
- Axudas a entidades sen ánimo de lucro para INVESTIMENTOS DE PROMOCIÓN ECONÓMICA:
- Prazo de solicitude: ata o día 10-03-2020
- Obxecto (asociacións de veciños e de mulleres rurais):
- Execución de obras ou equipamentos de interse xeral no ámbito parroquial, municipal ou comarcal, tales como: saneamento, abastecemento de auga, acondicionamento de camiños, iluminación pública.
- Reforma e mellora de locais sociais.
- Adquisición de mobiliario e equipamento informático.
- Solicitantes: Entidades sen ánimo de lucro, tales como: colexios profesionais, cámaras de comercio, entidades asociativas e representativas dalgún sector profesional, comercial ou empresarial, asociacións de veciños e de mulleres rurais.
- Bases da convocatoria publicadas no BOP do día 4-02-2020, e Extracto da convocatoria publicado o día 14-05-2020 no BOP.
2. Axudas a entidades sen ánimo de lucro para INVESTIMENTOS CULTURAIS.
- Prazo de solicitude: ata o día 6-03-2020
- Obxecto: estas axudas destinaranse a realización de investimentos culturais, para a realización de actividades culturais, por parte das entidades sen ánimo de lucro que formen parate dos ámbitos correspondentes ás seguintes modalidades:
a) Modalidade A. Entidades de natureza cultural (asociacións culturais e entidades que teñan o seu carácter cultural debidamente acreditado nos seus estatutos)
b) Modalidade B. Entidades de natureza veciñal (asociacións de veciños/as, asociacións xuveniís, de amas de casa, da terceira idade, asociacións de mulleres rurais…)
c) Modalidade C. Entidades de natureza socioeducativa (ANPAS de centros educativos do ensino público, asociacións pedagóxicas, etc) d)Modalidade D. Entidades de natureza social e/ou asistencial. (entidades que realizan o seu labor de xeito prioritario no campo dos servizos sociais, o medio ambiente, a igualdade, a memoria histórica, a sensibilización e traballo en valores cívicos e o desenvolvemento territorial e socioeconómico) - Gastos subvencionables:
- Equipamento e moblaxe
- Realización de reformas, ampliación e mellora de inmobles de titularidade da entidade solicitante.
- Compra de materiales de uso técnico e artístico vinculados ao desenvolvemento da programación de actividades da entidade.
- Bases da convocatoria publicadas o día 4-02-2020 no BOP, e o Extracto da convocatoria publicado o día 13-02-2020 no BOP.
3. Axudas a entidade sen ánimo de lucro para ACTIVIDADES CULTURAIS
- Prazo de solicitude: ata o día 6 de marzo de 2020
- Obxecto: A realización de actividades culturais por parte das entidades sen ánimo de lucro, atendendo a 4 modalidades especificadas nas bases da convocatoria.
- Bases da convocatoria publicadas no BOP do día 4-02-2020, e Extracto da convocatoria publicado o día 12-02-2020.
4. Axudas a entidades sen ánimo de lucro para ACTIVIDADES DE FOMENTO DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE
- Prazo de solicitude: Ata o día 13-03-2020
- Obxecto: O obxecto deste programa concretarase en tres modalidades ou liñas de xeito simultáneo ou alternativo:
- A realización de actividades conduncentes a mellora da condición física, a ocupación activa do tempo de lecer, e deporte de carácter afeccionado ou popular e a participación en competicións deportivas que non sexan federadas.
- A promoción social da práctica e dos valores deportivos que se realice mediante a organización de actividades de formación, difusión e divulgación do deporte e dos valores deportivos. Poderán consistir en charlas, talleres, cursos, organización de
simposios e xornadas de debate. - A organización de competicións deportivas federadas ou non federadas.
- As Bases da convocatoria publícanse no BOP do día 13-02-2020, e o Extracto publícase no BOP do día 19-02-2020.
5. Axudas a entidades sen ánimo de lucro para ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN ECONÓMICA:
- O prazo de solicitude é ata o día 10-03-2020.
- Obxecto: Asociacións de veciños e de mulleres rurais: apoio as liñas de comercialización e promoción dos produtos de calidade tipicos da zona, para dalos a coñecer a permitir a penetración no mercado nacional e internacional, a través de festas de recoñecido interés turístico, feiras e festas de exaltación do produto típico, xornadas,
campañas comerciais, publicidade, cursos de formación. - As bases da convocatoria están publicadas no BOP do día 3-02-2020, e o Extracto publicado no BOP do día 11-02-2020.