Novas
BECAS DE TRANSPORTE ESCOLAR 2018/2019
No boletín oficial da provincia da Coruña do día 17 de outubro de 2018 sae publicado o anuncio das BASES DA CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS A BECAS DE TRANSPORTE ESCOLAR do Concello de Vilasantar para o curso 2018/2019.
REQUISITOS:
- Cursar estudos de bacharelato, formación profesional ou equivalente.
- Non ter transporte gratuíto.
- Estar empadroados no Concello de Vilasantar.
- Estar ao corrente das súas obrigas contributivas co Concello de Vilasantar.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
- Declaración xurada de atoparse ao corrente nas obrigas e pagos coa Facenda Municipal.
- Certificación de estar matriculado nun centro oficial de bacharelato, FP ou equivalente.
- Certificación de titularidade da conta bancaria.
O prazo para presentar as solicitudes é de 30 días naturais a partir do día seguinte da publicación do anuncio no BOP. Ata o día 19-11-2018.