Novas
BECAS TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2020-2021. Publicado 09/06/2021
No Boletín Oficial da Provincia da Coruña do día 8 de xuño de 2021 publícase a convocatoria das axudas para o transporte escolar do curso 2020/2021.
O PRAZO DE SOLICITUDE É DENDE O DÍA 9 AO 23 DE XUÑO DE 2021
BENEFICIARIOS: Os alumnos escolarizados no curso 2020/2021 que reunan os seguintes requisitos:
- Estar ao corrente das súas obrigas contributivas co Concello de Vilasantar.
- Cursar estudos de bacharelato, formación profesional ou equivalentes nun centro oficial.
- Non ter dispoñibilidade de transporte gratuíto.
- Estar empadroados no Concello de Vilasantar.
Documentación a presentar
. -Declaración xurada de atoparse ao corrente nas obrigas e pagos coa Facenda Municipal.
. – Certificación de estar matriculado nun centro oficial de bacharelato, formación profesional ou equivalentes.
.- Certificado de titularidade de conta bancaria.