Novas
BENESTAR EN BALNEARIOS 2019
Persoas beneficiarias e requisitos
Serán persoas beneficiarias do programa de Benestar en balnearios aquelas que reúnan os seguintes requisitos:
a) Ser maior de 60 anos ou maior de 55 e, neste caso, reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
b) Estar empadroado e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa, agás no caso de fillos ou fillas que acudan en calidade de acompañantes.
d) Non padecer alteracións do comportamento que poidan afectar a normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
e) Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.
f) Acadar, de conformidade co baremo establecido, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.
A persoa solicitante poderá ir acompañada de:
a) O seu ou a súa cónxuxe ou, se fose o caso, a parella de feito ou persoa coa que teña unha unión estable e de convivencia con análoga relación á conxugal, sempre que cumpra os requisitos citados anteriormente, excepto o sinalado na letra a) do punto primeiro.
b) Un fillo ou filla que teña un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, sempre e cando este o poida facer sen necesidade de apoio de terceira persoa, se poida desprazar con autonomía, comparta o cuarto coas persoas proxenitoras e cumpra os requisitos anteriores, agás o da letra a).
c) Unha persoa coa que desexe participar no programa, sempre e cando esta cumpra todos os requisitos citados anteriormente
Servizos e prestacións que se inclúen
a) Estadía de 10 días, 9 noites.
b) Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en cuartos dobres de uso compartido.
c) Tratamentos termais, coas indicacións terapéuticas que figuran para cada balneario no anexo IV, que comprenderán: – O recoñecemento médico, ao ingresar no balneario, para a
prescrición do tratamento. – O tratamento termal básico que, en cada caso, prescriba o persoal médico do balneario. – O seguimento médico do tratamento.
d) Programa de actividades de animación sociocultural que se leve a cabo no establecemento hoteleiro, residencial ou termal.
e) Póliza colectiva de seguro turístico.
O prazo para a presentación de solicitudes será de un mes desde a súa publicación, ata o 2 de maio.
MAIS INFORMACION NOS SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE VILASANTAR : 981778257