Novas
V CAMPUS ALEX BERGANTIÑOS, EDUCA EN IGUALDADE
Accedan á galería fotográfica para ver as divertidas fotos das xornadas do V Campus Alex Bergantiños, educa en igualdade.
Novas
Subvencións renovación de cubertas con tella cerámica
DOG Núm. 128, Xoves, 6 de xullo de 2017. Consellería de Economía, Emprego e Industria
REQUISITOS:
- Ser propietario da vivenda
- Solicitar reserva de fondos a través da aplicación informática,
https://appsdxem.xunta.gal/renovetella.As solicitudes en estado de «Reservada» disporán dun prazo máximo de cinco días hábiles para a súa presentación. - A actuación subvencionable será a renovación de cubertas existentes de edificios de vivenda colectiva ou vivendas unifamiliares, xunto coas súas instalacións anexas, de ser o caso, por unha cuberta de tella cerámica.
- O custo subvencionable máximo será de 55 € por m2 de cuberta. A contía da subvención será do 40 % dos custos totais subvencionables.
DOCUMENTACIÓN:
- DNI da persoa solicitante
- Conta bancaria IBAN
- Acreditación da titularidade do edificio ou vivenda
- Orzamentos ou facturas pro forma
(Presuposto do albañil detallado da obra e metros da vivenda) - Fotos antes da rehabilitación que inclúa imaxes do conxunto da vivenda e concretamente da cuberta a renovar, así como da fachada principal do edificio ou vivenda unifamiliar onde se aprecie o número de portal ou rúa.
- Recibo contribución (referencia catastral)
O prazo de solicitudes será de tres meses desde o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG, agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito.
Para mais información dirixirse aos servizos sociais do concello.
Novas
EXCURSIÓN A PADRÓN – O BARBANZA
LECER PARA OS NOSOS MAIORES o día 20 de xullo.
Esta xornada de lecer vai dirixida a todas as persoas maiores de 60 anos empadroadas no concello de Vilasantar. O programa do día será o seguinte:
- Saída as oito e media da maña cara Padrón (recollida polas parroquias).
- Xa na vila de Padrón visitaremos a Casa de Rosalía de Castro, Igrexa de Santiago, Xardín botánico e Alameda.
- Comida en Hotel Escala en Padrón (Prezo 14 €)
- Visita ao Barbanza. COmezaremos primeiro cunha visita panorámica a través da costa do Barbanza, e logo visitaremos xa a pe distintos lugares de interese, a Pobra do Caramiñal, Rianxo…
O PRAZO PARA ANOTARSE ESTÁ ABERTO. NON SE ANOTARÁ A PARTIR DO DÍA 17 DE XULLO.
ANOTARSE NOS TELÉFONOS: 981 77 81 69 – 981 77 82 57
Novas
CAMPAMENTO DE VERÁN DO 1 AO 31 DE AGOSTO
Actividade organizada polo Concello durante o mes de agosto, co fin de favorecer a conciliación da vida laboral e familiar e dinamizar o tempo libre dos nenos/as do Concello.
Destinatarios: nenos/as de 4 a 12 anos (inclusive)
Data: de luns a venres durante o mes de agosto (do 1 ao 31 de agosto)
Horario: de 10:00 a 14:00 horas.
Lugar: local social de Vilasantar
Mínimo de participantes:10
Custo: gratuíto para os empadroados en Vilasantar. Non empadroados 50€ por participante. No caso de non empadroados e de ser dous o máis irmáns o custo será de 25 € por participante.
PRAZO PARA ANOTARSE: ATA O 21 DE XULLO DE 2017 (981 778 169 TRINI)
Novas
Resultados do Proceso Selectivo Urxente da Bolsa para Auxiliares de Axuda no Fogar
Acta da Comisión de Selección de Auxiliares de Axuda no Fogar para constituir unha bolsa de emprego
Publicado en Vilasantar o 30/06/2017
Novas
Lista de admitidos/as Auxiliares de Axuda no Fogar
Acta da Comisión de Selección de Auxiliares de Axuda no Fogar para constituir unha bolsa de emprego
Publicado en Vilasantar o 30/06/2017
Novas
Entrevista para o proceso selectivo de auxiliares de axuda no fogar na casa consistorial
VENRES ÁS 12.00H. É A ENTREVISTA PARA O PROCESO SELECTIVO DE AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR NA CASA CONSISTORIAL.



