Novas
Aberta a preinscrición para o campamento de Nadal
Un ano máis, dende o Concello de Vilasantar organizamos un campamento de Nadal para axudar á conciliación. Dende o 22 de decembro ata o 5 de xaneiro, de 10:00 a 14:00 h, todos os nenos e nenas de 3 a 12 anos poderán desfrutar de actividades no CEIP de Présaras.
A preinscrición estará aberta ata o 21 de decembro e as prazas asignaranse por estrito orde de inscrición, dando prioridade ás crianzas empadroadas no Concello de Vilasantar. As follas de inscrición pódense entregar nas dependencias municipais ou na Sede Electrónica do Concello de Vilasantar.
As faltas de asistencia non xustificadas, no caso de existir lista de agarda, poderán ser causa de baixa no servizo. Recomendamos levar auga e un aperitivo saudable para tomar a media mañá.
Máis información no 981 77 82 57.
Cultura, Novas
Maxia e espectáculo para adiantarnos ao Nadal en Vilasantar
«Especial Nadal», un show de Cayetano Lledó, chega a Vilasantar! Un espectáculo para facer as ledicias de todas as idades. Anota!
- Sábado, 16 de decembro.
- 18:00 h.
- Local social de Vilasantar.
sostibilidade, Vilasantar enerxía
Proxecto e información de «Vilasantar Enerxía»
Poñemos á vosa disposición o proxecto completo de «Vilasantar Enerxía» para que o podades estudar e compartir coa veciñanza.
Novas
ITV agrícola en Vilasantar
Se tes vehículos agrarios que precisan pasar a ITV, pide cita chamando ao 902 30 90 00 ou na sección de cita previa da web www.sycitv.com.
- 30 de xaneiro de 2024: de 9:00 a 13:30 h e de 15:15 a 18:00 h.
- 31 de xaneiro de 2024: de 9:00 a 13:30 h.
Explanada diante da igrexa de Barbeito.
Cultura
Obra de teatro «A Cabaleira» no CEIP de Présaras
A princesa Valentina está destinada por nacemento a ser raíña, pero que pasa se quere ser cabaleira e percorrer o mundo? Pois que se vai meter nunha morea de leas. E nós poderémolo presenciar grazas á obra de teatro de Medievándalos.
- 20 de decembro
- 15:15 h
- CEIP de Présaras
Cultura
Proxección do documental «Morreu o demo, acabouse a peseta»
Dirixido por Pedro Solla e producido por Tintimán Audiovisual, o documental amosa o proceso de recuperación da barraca de Barriga Verde por parte dos membros da compañía Virabolta.
Recomendable a parir de 14 años.
- Sábado, 2 de decembro de 2023
- 17:00 h
- Local social de Présaras
Despois da proxección faremos un debate cos membros do equipo documental ou de Viravolta, sobre a película e a situación dos títeres e doutros elementos da sociedade tradicional na actualidade. Tamén recollerán testemuñas sobre a memoria das festas e das feiras das persoas maiores.
sostibilidade
«Libera 1m2», axúdanos a acabar coa «basuraleza»
Dende o Concello de Vilasantar sumamonos á campaña «Libera 1m2» de SEO Bird Life e Ecoembes para loitar contra o lixo na nosa natureza e aprender a separar os residuos dun xeito correcto para optimizar a reciclaxe.
Por iso organizamos unha xornada de recollida da chamada «basuraleza» e convidamos a todos os veciños e veciñas de Vilasantar a axudarnos a manter a fermosura da nosa contorna natural.
- Sábado, 2 de decembro
- 10:00 h
- Ponte do Sapo



