sostibilidade, Vilasantar enerxía
Enquisa cidadá de EC4RURAL
Precisamos da participación cidadá!
Como xa sabedes, Vilasantar é un dos concellos pioneiros no proxecto EC4RURAL, que busca garantir unha transición enerxética limpa no mundo rural, fomentando a creación de comunidades enerxéticas para producir electricidade a través de paneis fotovoltaicos.
Agora mesmo estamos na fase de recollida de información sobre os concellos pilotos, así que convidámoste a encher a seguinte enquisa antes do 2 de febreiro. Non é vinculante, só informativa, e levarache só uns minutiños.
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdx7ypdbKvm0bLk5shdiiy1KZxvY5SsLSot99DyNdGPJna1cA/viewform
Moitas grazas pola túa participación!
Axudas
Convocatoria de axudas ao alugamento de vivenda en Galicia para o ano 2024
Xa se aprobaron as bases reguladoras que rexerán a concesión inicial (código de procedemento VI483C) e a renovación (código de procedemento VI483D) das subvencións do Programa de axudas ao alugamento de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia, para facilitar o desfrute dunha vivenda en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios económicos, mediante o outorgamento de axudas directas ás persoas arrendatarias.
Novas
Parcelaria de San Salvador de Barbeito: data límite para solicitar cambio de titularidade
O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a través directora xeral de Desenvolvemento Rural, emitiu un anuncio ditando resolucion segundo o previsto no artigo 41.3, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial de Galicia (modificado pola Lei 10/2023, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas). Nesta acórdase establecer como data límite para solicitar os cambios de titularidade por falecemento do titular dos predios de substitución na zona da concentración parcelaria de San Salvador de Barbeito o 26 de xaneiro de 2024.
O cambio de titularidade tramitarase sempre e cando exista participación de herdanza e esta afecte a predios de substitución íntegros. En todo caso, a persoa titular adquirente quedará subrogada na posición da anterior persoa titular, coas limitacións, deberes e obrigas que resulten do proceso.



