Cultura, eventos
O espectáculo «Oh, Circo» de Cayetano Lledó visita Vilasantar!
Dentro de pouco recibiremos a ilusionante visita de Cayetano Lledó co seu espectáculo de maxia «Oh, Circo». Anota:
- 11 de agosto
- 17:00 h
- Área recreativa do Roseo
Non podes faltar! Circo, maxia, teatro e moita diversión!
Cultura
A obra de teatro musical «Desconcerto» chega a Vilasantar
Fran Rei e Félix Rodríguez visitarán Vilasantar coa produción de Culturactiva «Desconcerto», un espectáculo cómico sobre a música culta. Os protagonistas chegan tarde ao recital, coa orquestra a piques de comezar e o público preparado, polo que comeza un espectáculo de tola e divertida improvisación.
A obra terá lugar o mércores 26 de xullo na área recreativa do Roseo ás 19:00 h.
Cultura, Novas
«Rogelio, un pallaso en recuperación» chega a Vilasantar
O espectáculo «Rogelio, un pallaso en recuperación» chega a Vilasantar para facer as ledicias de todo o mundo; con circo, malabares, maxia e moitas cousas máis.
O luns, 17 de xullo, na piscina municipal de Vilasantar, ás 17:00 h tes unha cita que non podes perder.
eventos
Coidados porta a porta en Vilasantar
Os días 3, 4, 7 e 8 de agosto o tráiler dos coidados porta a porta estacionarase na explanada do centro de saúde de Présaras para ofrecer asistencia en estimulación da memoria, podoloxía e audioloxía.
Para máis información e pedir cita previa, chama ao 622 748 283 ou 623 546 992 ou escribe un email a coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal



