Axudas
Axudas transporte escolar curso 2023-2024
No Boletín Oficial da Provincia da Coruña do día 27 de setembro de 2023 publícase a convocatoria das axudas para o transporte escolar do curso 2023/2024 do Concello de Vilasantar.
O prazo de solicitude é dende o día 28 de setembro ata o 27 de outubro de 2023.
Beneficiarios: O alumnado escolarizado no curso 2023/2024 que reúna os seguintes requisitos:
- Estar ao corrente das súas obrigas contributivas co Concello de Vilasantar.
- Cursar estudos de bacharelato, formación profesional ou equivalentes nun centro oficial.
- Non ter dispoñibilidade de transporte gratuíto.
- Ter empadroamento no Concello de Vilasantar.
Documentación a presentar:
- Declaración xurada de atoparse ao corrente nas obrigas e pagos coa Facenda Municipal.
- Certificación de matriculación nun centro oficial de bacharelato, formación profesional ou equivalentes.
- Certificado de titularidade de conta bancaria.
Novas
«A Administración cerca de ti» visita Vilasantar
Acercamento da Administración Pública á veciñanza de Vilasantar.
O persoal da Subdelegación do Goberno impartirá unha charla informativa para ensinar á cidadanía as oportunidades e ferramentas que proporciona a Administración electrónica. Tamén se ofrecerá a posibilidade de obter o certificado electrónico expedido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre in situ.
- Luns 2 de outubro
- 11.00 h
- Local social de Présaras (antiga cámara agraria)
Cursos, Novas
Actividades municipais 2023/2024
Xa está aberto o periodo de inscrición ás actividades municipais de Vilasantar para o curso 2023/2024!
- Ximnasia de mantemento: 6€/mes.
- Taller de memoria: gratuíta.
- Escola de patinaxe: gratuíta.
- Escola de bádminton: gratuíta.
- Multideporte infantil: gratuíta.
- Escola de pilates: 10€/mes.
- Informática para adultos e nenos e nenas: gratuíta.
As actividades comezarán o luns 2 de outubro e pódeste anotar ata o 22 de setembro nas oficinas municipais da casa do concello. Máis información chamando ao 981 778 257.
Novas
Obradoiro de xabóns artesáns en Vilasantar
Dende o Concello de Vilasantar organizamos un obradoiro de xabóns artesáns.
- Xoves 7 de setembro
- De 17 a 18:30 h
- Local social de Vilasantar
Prazas limitadas con preferencia de persoas empadroadas. Reserva a túa inscribíndote nas oficinas municipais do concello ou chamando ao 981 77 82 57.
Novas
Taller de coroas de flores en Vilasantar
Dende o Concello de Vilasantar organizamos un taller de coroas de flores con Arteterapia.
- Martes 19 de setembro
- De 16:30 a 18:30
- Local social de Vilasantar
Reserva a túa praza inscribíndote nas oficinas municipais do concello ou chamando ao 981 77 82 57.
Novas
Taller de velas artesanais en Vilasantar
O Concello de Vilasantar organiza o taller «Xestión de emocións a través da creación de velas artesanais».
- O 26 de setembro
- De 17 a 19 h
- Local social de Vilasantar
As prazas son limitadas e con preferencia das persoas empadroadas. Imprescindible anotarse chamando ao 981 77 82 57 ou nas oficinas municipais da casa do concello.



