Novas
RECOLLIDA PLÁSTICOS AGRÍCOLAS. Publicado 10/12/2021
Anotaránse os avisos ata o 17 de decembro chamando ao Concello. (981778169)
O día 20 de decembro a empresa encargada fara a recollida nos lugares anotados.
Novas
CAMPAMENTO DE NADAL. Publicado 02/12/2021
Os días 22, 23,24, 27, 28, 29, 30, 31 de decembro de 2021 e 3, 4, e 5 de xaneiro de 2022, no colexio de Présaras.
Ofertaranse de forma gratuíta 15 prazas para nenos e nenas.
INSCRICIÓN: Ata o 18 de decembro.
Novas
CAMPAÑA NEVE DEPUTACIÓN DA CORUÑA 2022. Publicado 01/12/2021
ACCEDER O TRÍPTICO INFORMATIVO e FORMULARIO DE INSCRICIÓN
DESTINATARIOS: nenos e nenas empadroados no concello de Vilasantar de 12 a 15 anos inclusive cumpridos a 31 de decembro de 2021. Terán preferencia os/as nenos/as que non foran a ningunha campaña de Inverno/Neve da Deputación.
PRAZO INSCRICIÓN : No Concello dende o día 30 de novembro ata o 14 de decembro de 2021
Novas
25 N DIA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XENERO; publicado o 25/11/21
Con motivo do Día internacional para a eliminación da Violencia de Xénero, o Concello de Vilasantar manifesta o seu máis profundo rexeitamento a calquera forma de violencia exercida contra as mulleres. A violencia contra as mulleres é a expresión máis dramática da desigualdade de xénero no mundo.
O Concello de Vilasantar esta totalmente comprometido con esta causa, e consciente da importancia de sensibilizar e concienciar dende idades temperás, e vai a desenvolver un proxecto educativo cos nenos e nenas do CEIP de Présaras, co obxectivo de ir construíndo unha sociedade mais xusta e igualitaria, e poder erradicar a violencia de xénero.
Nesta semana, baixo o lema “ Deixa que se escoite a túa voz” vaise desenvolver un curso sobre a linguaxe sexista. Nos vindeiros meses, seguiremos traballando desenvolvendo un proxecto educativo chamado “Fino orballo que vai calando na túa conciencia”. Este proxecto vai ter dúas liñas de actuación que converxen e dan soporte unha á outra.
Por unha banda talleres e obradoiros en torno á igualdade de xénero, tales como: Coñecendo os conceptos clave, Roles e estereotipos de xénero, A invisibilicación da muller ó longo da historia, A Publicidade sexista, Que é iso do amor romántico?, Faite ver! E As nosas mulleres. E por outra banda a introdución do “maisntreaming de xénero” en tódalas rutinas de vida diaria do centro.
De igual xeito este proxecto abordará tamén a formación continuada cos mestres e mestras e tamén faranse intervencións e formacións cas nais e pais do menores.
Entendemos que o futuro da sociedade está nas mans dos máis novos/as e por iso consideramos de vital importancia traballar nesta temática dende idades temperás para que neste proceso de socialización e educación no que os nenos e nenas xeren a súa propia identidade, interioricen e normalicen a igualdade de xénero.
Novas
ACHEGAMOS A RECICLAXE Á VECIÑANZA.
Os Concellos de Boimorto, Curtis, Sobrado e Vilasantar, poñen en marcha unha iniciativa innovadora, un punto móbil itinerante que permite desfacerse daqueles residuos que, pola súa natureza, quedan fóra dos colectores de lixo habituais (orgánicos, envases, papel ou vidro) permitindo á veciñanza reciclar, de xeito totalmente gratuíto, diferentes tipos de residuos dun xeito eficiente e seguro, evitando así que teñan que desprazarse pola súa conta ás instalacións do punto limpo fixo.
Novas
AXUDAS TRANSPORTE ESCOLAR 2021-22; publicado o 11/11/21
. No BOP do 11 de novembro publícase a convocatoria das axudas para o transporte escolar 2021-22
. Prazo de presentación de solicitudes dende o 12 ao 26 de novembro
. Requisitos: Estar cursando bacharelato, FP ou equivalente nun centro oficial. Non ter dispoñibilidade de transporte gratuito e estar empadroado no Concello de Vilasantar



