Novas
Campaña da neve Deputación da Coruña 2025
Xa está aberto o prazo de inscrición, ata o 2 de decembro, para participar na Campaña da neve da Deputación da Coruña. Para anotarse, cómpre presentar a correspondente solicitude no rexistro xeral do Concello de Vilasantar. O noso municipio conta con tres prazas correspondentes á primeira quenda, para desfrutar entre o 10 e 13 de xaneiro.
DESTINATARIOS: Nenos e nenas con empadroamento no Concello de Vilasantar, de 11 a 15 anos (inclusive cumpridos a 31 de decembro de 2024). Terá preferencia a rapazada que non participase en ningunha Campaña de Neve da Deputación.
COTA DE INSCRICIÓN E CONTA BANCARIA: 85 euros. Será ingresada na conta bancaria que se indica nos datos de pago, facendo constar o nome da persoa participante, Concello e «Campaña de neve 2025».
INCLÚE: Transporte, estadía e manutención na estación invernal de Valgrande-Pajares, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.
ATENCIÓN TELEFÓNICA: 981080319
EMAIL DE CONTACTO: deportes@dacoruna.gal
Máis información e descarga dos formularios: https://www.dacoruna.gal/deportes/campana-neve/