Novas
Campaña neve 2024 da Deputación da Coruña
Xa está aberto o prazo para inscribir á rapazada na campaña da neve 2024 da Deputación da Coruña. O prazo remata o 1 de decembro de 2023 e pódense realizar as inscricións na casa do concello.
Ao Concello de Vilasantar correspóndelle a quenda do 16 ao 19 de febreiro. A rapazada aloxarase en albergues a pé de pista na estación invernal de Valgrande-Pajares, onde se realizarán as actividades. Sairán o venres pola mañá e regresarán o luns despois do almorzo.
Pódense anotar os nenos e nenas empadroadas no Concello de Vilasantar, de 11 a 15 anos inclusive (cumpridos a 31 de decembro de 2023). Terán preferencia a cativada que non fose a ningunha campaña da neve da Deputación.
A cota de inscrición é de 85€ e inclúe transporte, estadía e manutención, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento do material, remontes mecánicos e todo gasto que ocasionen as actividades e cursos programados. No caso de que non se poda esquiar, haberá actividades alternativas.
Máis información: https://www.dacoruna.gal/deportes/campana-da-neve-2024