Novas
CARTAS DE AMOR: 15 ARTISTAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
No CONCELLO DE VILASANTAR
dende 23 de febreiro ao 7 de marzo de 2018
Cartas De Amor
O Concello de Vilasantar únese a Secretaria Xeral de Igualdade que traballa a favor da eliminación da violencia de xénero, o cal implica unha importante actividade na sensibilización da sociedade en xeral e na educación das xeracións mais novas en valores como a igualdade entre mulleres e homes ou o rexeitamento aos comportamentos violentos.
Nos últimos anos detéctanse moitos casos de relacións de parellas entre adolescentes cunha forte carga de violencia verbal e incluso física. Na busca de solucións preventivas e co obxectivo de atallar o problema, a Secretaria Xeral de Igualdade puxo en marcha unha serie de accións encamiñadas a facer reflexionar aos e ás adolescentes sobre a existencia da violencia nos seus modos de relacionarase.
Con esta exposición, Cartas de Amor, pretendemos establecer un paralelismo entre o mundo romántico das primeiras relacións de parella, e a crueldade que, ás veces, vai asociada a elas. Para isto, propúxolle a debuxantes que plasmasen nunha imaxe situacións ou momentos que considerasen como violentes entre adolescentes, co obxectivo de por de manifesto a necesidade de mudar esas actitudes por outras nas que prime o respecto á parella. Deste xeito, aquí están os trabarllos dos dous premios nacionais de ilustración, Miguel Calatayud, de cómic, Paco Roca, no ano20119: así como figuras galegas, como Patricia Castelao, Pirusca, David Pintor e Oscar Villán. Tamén participan autoras e autores que están acadando grande éxito entre a xente mais nova, como Eva Vázquez, Javier Olivares, Primitivo, Sonia Pulido, Jack Mircala ou Sergi San Julian. Ademais o Escultor Méndez, a Escritora Anxos Sumai e o deseñador Fausto, únense a esta mostra con tres achegas diferentes.