Novas
TALLER DE INGLÉS PARA NENOS, ADOLESCENTES E ADULTOS; publicado o 28/01/22
Coeducando en inglés é un taller para nenos, adolescentes e adultos impartido por unha profesora nativa de Australia que utiliza un método de inmersión total, con clases adaptadas ás idades, con grupos de máximo dez persoas e onde a aprendizaxe realízase a través das artes conseguindo un ambiente positivo, divertido e seguro.
As clases terán unha duración de 75 minutos e realizaranse na cámara agraria de Présaras os sábados en horario de mañá. O prezo mensual da actividade terá un custo de 10 euros ao mes por persoa.
As inscricións entregaranse na casa do concello.
Novas
CHEGADA DOS REIS MAGOS O DÍA 5 DE XANEIRO; publicado o 3/01/12
- CHEGADA ÁS 16:30 HORAS Á PRAZA DO CONCELLO
- ÁS 17 HORAS ENTREGA DE AGASALLOS AOS MÁIS PEQUECHOS
- QUEDA APRAZADA A ACTUACIÓN DE PAKOLAS MÁIS O CHOCOLATE CON CHURROS PARA CANDO A SITUACIÓN COVID O PERMITA
Novas
LISTA DEFINITIVA DE ADMITID@S NO PROCESO SELECTIVO DE PRAZA SUSTITUCIÓN TRABALLADORA SOCIAL E LISTA DE RESERVA; publicado o 22-12-21
Convocatoria entrevista o luns 27/12/21
Novas
ADXUDICACIÓN DO CONTRATO MENOR “MELLORA DA EFICIENCIA DOS SISTEMAS DE TRATAMENTO DE AUGA POTABLE DO CONCELLO DE VILASANTAR”. PUBLICADO 20/12/2021
Substitución dun tramo colector de saneamento que presentaba problemas de estanqueamento e obstruccións que descorre paralelo a Vivenda comunitaria. Acométeuse a substitución do tramo que presentaba unha pendente case nula e reconstruíronse as soleiras dos pozos de rexistro mellorando o descorrer das augas residuais ao seu través



