Novas
MEDIDAS NOVAS QUE ENTRAN HOXE EN VIGOR, publicado o 22-05-2020
Os concellos que teñan menos de 10.000 habitantes e unha densidad menor aos 100 habitantes por km cuadrado e que se atopen en fase 0 ou fase 1 poderán acollerse, dende hoxe xa, a algunhas das medidas de alivio previstas para a fase 2. Vilasantar estaría neste caso e destaca na orde a apertura dos locais de hostelería e restauración para consumo no local, sempre cumprindo as condicións establecidas no capítulo IV da orden do BOE do 16 de maio (que podedes consultar na nova que puxemos na web o 20-05-2020, titulada GUÍA DA FASE 2).
Tamén adóptanse outras medidas de flexibilización na asistencia a velatorios e enterros e lugares de culto.
Novas
ENTREGA DE MASCARLLAS PARA @S NEN@S DE 4 A 14 ANOS; publicado o 20-05-2020
O concello de Vilasantar está a repartir estses días mascarillas aos veciños de 4 a 14 anos; a maiores entrégaselles unha pequena documentación aclaratoria aos seus pais.
Segun o BOE a partires do xoves 21 de maio o uso da mascarilla é obrigatorio para os maiores de 6 anos. Deberán usala ao aire libre e en calquer espazo pechado de uso público ou que se atope aberto ao público, SEMPRE QUE NON SEXA POSIBLE MANTER UNHA DISTANCIA DE SEGURIDADE INTERPERSOAL DE ALOMENOS DOUS METROS.
RECOMÉNDASE o uso para a poboación infantil de entre 3 e 5 anos.
Excepcións para os que teñan dificultades respiratorias ou sexa contradictorio o seu uso.
Non será exisibel en actividades incompatibels, como a inxesta de alimentos ou bebidas ou circunstancias de forza maior.
É obrigatorio o uso de calquer mascarilla, preferentemente hixiénicas ou quirúrxicas que tapen a boca, nariz e mentón.
Novas
Ricardo Carvalho Calero, LETRAS GALEGAS 2020. publicado o 13/05/2020
Día das Letras Galegas 17 de maio de 2020



