Novas
COMPOSTAXE EN VILASANTAR. COIDANDO O MEDIOAMBIENTE. PUBLICADO 30/11/2022
Dende o Concello anímase á veciñanza a inscribirse ao proxecto de compostaxe doméstica, implicando así a Vilasantar na loita contra o cambio climático. Este proxecto axuda tanto a acadar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible como a reducir a pegada de carbono.
O Concello de Vilasantar pretende, con esta aposta pola compostaxe, que os residuos orgánicos xa non cheguen aos colectores da rúa, pechando así o ciclo da materia orgánica nos propios fogares.
A iniciativa conta coa financiación da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e do Plan de recuperación, transformación e resiliencia do Goberno de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
O seguimento da campaña prolongarase durante un ano e participar e de balde. Para apuntarse é necesario asistir a unha das reunións ou poñerse en contacto co concello. Nestas informarase sobre a taxa do lixo, a obrigación da recollida separa de biorresiduos e outras recollidas selectivas. Por outra banda, explicarase o proxecto de futuro de recollida porta a porta.
Esta iniciativa conta co apoio da Cooperativa ecolóxica Millo e Landra e da Asociación O Camiño Sostible.
Unha vez inscritas as familias, serán contactadas vía telefónica para proceder á instalación do composteiro na casa. O día da instalación recibiran unha breve formación por parte dun experto en compostaxe. Durante todo o ano darase seguimento ao programa, facendo visitas aos fogares, enquisas e formación continua.
O único requisito para formar parte deste programa é ser veciño/a do Concello, ter un pequeno xardín ou terreo e estar disposto/a e motivado/a para formar parte deste proxecto educativo e formativo