actividades municipais
Conciliación en Vilasantar: campamento de Nadal
Xa está aberto o prazo de inscrición, ata o 19 de decembro, para o campamento de Nadal de Vilasantar. Desenvolverase entre o 23 de decembro e o 7 de xaneiro no colexio público de Présaras, en horario de 10:00 h a 14:00 h. Pódense inscribir os nenos e nenas de 3 a 12 anos.
As follas de inscrición entregaranse nas dependencias municipais ou por sede electrónica. As prazas asignaranse por estrito orde de inscrición, dando prioridade á rapazada empadroada no Concello de Vilasantar. As faltas de asistencia non xustificadas, no caso de existir lista de agarda, poderán ser causa de baixa no servizo. Recomendamos levar auga e un petisco saudable para tomar a media mañá.
Máis información no 981 77 81 69.