actividades municipais
Actividades municipais do Concello de Vilasantar 2025/2026
Xa está dispoñible a información sobre as actividades municipais do Concello de Vilasantar para o curso 2026/2027. No botón de abaixo podes descargar o díptico con toda a información e a folla de inscrición para as actividades para a infancia e xuventude.
actividades municipais, sostibilidade
Recollida de plásticos agrícolas
O día 5 de outubro a empresa encargada fará a recollida dos plásticos agrícolas. Para facer uso deste servizo é imprescindible anotarse ata o 1 de outubro, chamando ao 981 778 169.
Os plásticos deberán estar debidamente atados en fardos. Estes plásticos almacenados e preparados para a súa recollida deberán ter a menor suciedade posible, procedente de terra, herba ou materia orgánica, e evitar conter outras materias impropias (tubaxes de pvc, garrafas, sacos big-bag, rodas…) que poden dificultar os traballos de reciclaxe e tratamento final de recuperación para novos usos. De non ser así, poderá ser rexeitada a recollida.
Os fardos deben de estar a disposición nun punto de fácil acceso para o camión de recollida.
actividades municipais
XORNADAS DE TERMALISMO EN ATTICA 21 DE VILALBA
Saúde e calidade de vida | XORNADAS DE TERMALISMO EN ATTICA 21 DE VILALBA ![]()
- 8 de outubro: Présaras, Vilariño, Armental, San Vicente
- 15 de outubro: Vilasantar, Mezonzo, Barbeito
- 2 de novembro: Vilasantar, Mezonzo, Barbeito
- 9 de novembro: Présaras, Vilariño, Armental, San Vicente
Anotación: 981 77 82 57
Número de prazas: 30 cada días
Para persoas maiores de 65 anos ou con discapacidade, empadroadas no Concello de Vilasantar. As prazas adxudicaranse por orde de anotación. Non se poderá escoller a data. Deberase levar traxe de baño, gorro de piscina, zapatillas de goma e toalla.
Actividade financiada coa colaboración da Deputación da Coruña
actividades municipais, Cultura
Espazos Sonoros en Vilasantar
Espazos Sonoros convídanos a participar na experiencia de habitar o patrimonio histórico a través da observación e a escoita con «Persistencias».
Sábado 19 de setembro.
A xornada comezará ás 16.00 h cun pequeno percorrido pola ruta dos muíños do río das Gándaras saíndo dende a igrexa de Santa María do Mezonzo. As prazas son limitadas, polo que é necesario inscribirse entre o 15 e o 17 de setembro en actividades@espazossonoros.org
O prato forte será ás 19.00 h, co concerto de Reïna Lupa no Santuario da Laxe.
Podes consultar a programación completa de Espazos Sonoros neste botón:
actividades municipais, eventos
Día da bici 2026
Dende o Concello de Vilasantar organizamos unha xornada para gozar do deporte, da natureza e da comunidade co Día da bici.
O 18 de xullo reunirémonos ás 10.30 diante da casa consistorial. Ás 11 h sairemos para realizar un percorrido para toda a familia, de 8 km de distancia aproximada. Por suposto, debemos gardar as normas de seguridade e é obrigatorio levar casco.
A continuación, realizaremos un sorteo de material deportivo entre ciclistas participantes do evento.
Inscríbete ata o día 30 de xuño entregando en dependencias municipais a folla de inscrición que podes descargar no botón de abaixo (tamén estarán dispoñibles nas oficinas do consistorio).
actividades municipais, eventos, Novas
Excursión para maiores de 60 anos
Se tes 60 anos ou máis, xa te podes anotar para a excursión para maiores que organizamos dende o Concello de Vilsantar!
Será o 2 de xullo e os buses farán recollida de pasaxeiros polas parroquias a partir das 8 am. Este ano visitaremos o Concello de Muros e de Muxía, con visitas guiadas, e xantaremos no Concello de Cee. O menú terá un custe de 27,50 euros e pedimos por favor que se leve o importe exacto para facilitar o pago no restaurante.
A maiores, faranse paradas intermedias en lugares de interese.
Anótate ata o 25 de xuño chamando ao 981 77 82 57.
actividades municipais, conciliación
XII Campus de Deporte e Ocio Álex Bergantiños
Xa está aberta a preinscrición para o XII Campus de Deporte e Ocio Álex Bergantiños. Podes inscribir ao teu neno ou nena ata o 19 de xuño.
As prazas son limitadas e terá preferencia a rapazada empadroada. Se quedan prazas, a non empadroada terá acceso por orde de inscrición.
- Para nenos e nenas nados entre 2012 e 2017, ambos anos incluídos.
- Xullo, de luns a venres, de 10:00 a 14:00 h.
- Na área recreativa O Roseo
A rapazada realizará actividades na natureza, sendeirismo, multideporte, xogos… Deben levar roupa cómoda, mochila equipada para piscina, aperitivo e auga.
actividades municipais, conciliación
Campamento de verán no CEIP de Présaras 2026
Xa está aberto o prazo de preinscrición para o campamento de verán de Vilasantar. Podes anotar ao teu pequeno ou pequena ata o 19 de xuño.
- Nenos e nenas de 3 a 14 anos. Terá preferencia a rapazada empadroada. Se quedan prazas libres, outorgaranse por orde de inscrición.
- Do 232de xuño ao 29 de agosto.
- De luns a venres, de 10:00 a 14:00 h, no colexio de Présaras.
O campamento de verán é unha actividade gratuíta que o Concello ofrece como apoio á conciliación ás familias na época de verán.
As faltas de asistencia non xustificadas, no caso de haber lista de agarda, poderán ser causa de baixa no servizo.
Máis información no 981 77 81 69
Actividade subvencionada pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e o Ministerio de Igualdade a través do plan Corresponsables.
actividades municipais
Festa de maiores 2026 en Vilasantar
Se tes máis de 60 anos, xa te podes anotar para participar na festa dos maiores! Será o 19 de xuño, comezando cunha misa solemne na igrexa de Présaras ás 13:00 h, para a continuación desprazarnos ao xardín botánico se fai sol ou pavillón de Présaras se chove, onde comezará o xantar ás 14:00 h.
O menú consitirá en empanada de bonito, polbo á feira, xarrete de tenreira galega con patacas e verduras de guarnición, pastel de queixo e tarta de améndoas, café con gotas e augardente do Ulla, viño tinto e branco DO, refrescos e auga. A xornada estará amenizada por un dúo musical.
As persoas empadroadas en Vilasantar maiores de 60 anos poderán acudir de xeito gratuíto, mentres que as non empadroadas con vivenda en Vilasantar terán que aboar 20 euros e as que non teñan casa, 30 euros.
Os pagos deberán efectuarse na conta de Abanca ES16 2080 0024 1931 1000 0012, especificando no concepto “Festa dos maiores 2026”, indicando nome, apelidos e DNI. Deberase entregar o xustificante de pago no momento de anotarse.
O día límite para confirmar a asistencia é o 15 de xuño e pódese facer chamando ao 981 778 169 ou 981 77 82 57.
actividades municipais, igualdade
Visita do CIM móbil ao Concello de Vilasantar.
- 24 de abril de 2026
- Diante da Casa do Concello
- De 10 a 13 h
O Centro de Información ás Mulleres móbil é un recurso especializado na atención integral a mulleres vítimas de violencia de xénero e outros colectivos vulnerables, asegurando un acceso ao servizo universal e sen barreiras e garantindo a igualdade de atención independentemente das circunstancias persoais ou sociais.
Os obxectivos deste servizo son:
- Levar atención psicolóxica, social e xurídica especializada aos territorios sen CIM.
- Informar, asesorar e acompañar de forma integral ás vítimas de violencia de xénero e sexual.
- Desenvolver accións de prevención e sensibilización comunitaria en diferentes espazos.
- Promover a igualdade de xénero e a diversidade LGBTI con campañas adaptadas a distintos públicos.
- Reforzar a coordinación entre recursos locais, autonómicos e universitarios.
O CIM móbil é un recurso aberto a toda a cidadanía, que permite a calquera persoa achegarse, informarse e coñecer os servizos dispoñibles.



