Novas
CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE DOUS PEÓNS PROGRAMA PEL-CONCELLOS 2022 DO CONCELLO DE VILASANTAR. APERTURA DO PRAZO PRESENTACIÓN EN BREVE. Publicado 17/03/2022
Requisitos específicos:
1.- Ser persoa desempregada inscrita no Servizo Público de Emprego de Galicia e
2.- Atoparse nalgunha das seguintes situacións de exclusión laboral:
-Mulleres, ao ter un diferencial de índice de paro rexistrado sensiblemente superior ao dos homes
-Maiores de 45 anos.
-Parados de longa duración.
-Persoas con discapacidade.
-Persoas en situación de drogodependencia.
-Persoas que vivan nun fogar onde ninguén teña emprego.
-Persoas con fogar monoparental.
-Persoas con problemas para atopar emprego polo idioma ou cuestións socioculturais.
-Persoas vítimas de violencia de xénero.
-Persoas sen fogar.
Máis info nas oficinas do Concello.