Axudas, Cultura
Convocatorias para asociacións culturais
Axudas da Deputación a entidades sen ánimo de lucro para a realización de actividades culturais durante o ano 2023. (FO 203/2023)
Bases publicadas no BOP do 20-02-2023
Beneficiarias:
Entidades sen ánimo de lucro con domicilio fiscal na provincia da Coruña ou que acrediten que as actividades obxecto da subvención se realizarán no ámbito territorial desta provincia.
Establécense 4 modalidades desta convocatoria:
MODALIDADE A: Entidades culturais (asociacións culturais e entidades que teñan o seu carácter cultural debidamente acreditado no seus estatutos)
MODALIDADE B: Entidades de natureza veciñal.
MODALIDADE C: Entidades de natureza socioeducativa (ANPAS de centros educativos do ensino público, asociacións pedagóxicas, etc).
MODALIDADE D: Entidades de natureza social e/ou asistencial (entidades que realizan o seu labor de xeito prioritario no campo dos servizos sociais, o medio natural, a igualdade, a memoria histórica, a sensibilización e traballo en valores cívicos e o desenvolvemento territorial e socioeconómico).
Importe do orzamento de gastos: Mínimo 3.000 €
Importe da subvención que se vai conceder: mínimo 1.500 €; máximo en función da modalidade.
A. Entidades culturais: 30.000 €
B. Entidades de natureza veciñal: 10.000 €
C. Entidades de natureza socioeducativa: 10.000 €
D. Entidades de natureza social e/ou asistencial: 10.000 €
Importe solicitado: Ata o 80 % do orzamento de gastos subvencionable.
Compatibilidades:
As entidades que opten por este programa poderán tamén obter subvención nos seguintes programas:
FO204: Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para realizar investimentos culturais durante o ano 2023.
FO223: Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o apoio ao desenvolvemento de festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas na provincia da Coruña durante o ano 2023.
Prazo de solicitude: ata o 31 de marzo de 2023.
Axudas da Deputación a entidades sen ánimo de lucro para a realización de investimentos culturais durante o ano 2023. (FO 204/2023)
Bases publicadas no BOP do 20-02-2023
As axudas económicas obxecto deste programa destinaranse á realización de investimentos necesarios para a realización de actividades culturais non excluídas dentro da convocatoria de actividades culturais FO203/2023, por parte das entidades sen ánimo de lucro que forman parte dos ámbitos correspondentes ás seguintes modalidades:
MODALIDADE A: Entidades culturais (asociacións culturais e entidades que teñan o seu carácter cultural debidamente acreditado nos seus estatutos). Dentro desta modalidade diferéncianse dous grupos:
– A1: As entidades culturais sen ánimo de lucro que desenvolven a súa actividade ordinaria no ámbito local ou comarcal dentro da provincia da Coruña.
– A2: As entidades culturais sen ánimo de lucro que desenvolven a súa actividade ordinaria no ámbito supraprovincial.
MODALIDADE B: Entidades de natureza veciñal (asociacións de veciñas e veciños, asociacións xuvenís, de amas de casa, da terceira idade, asociacións de mulleres rurais…).
MODALIDADE C: Entidades de natureza socioeducativa (ANPAS de centros educativos do ensino público, asociacións pedagóxicas, etc).
MODALIDADE D: Entidades de natureza social e/ou asistencial (entidades que realizan o seu labor de xeito prioritario no campo dos servizos sociais, o medio natural, a igualdade, a memoria histórica, a sensibilización e traballo en valores cívicos e o desenvolvemento territorial e socioeconómico).
Gastos subvencionables:
- Equipamentos e moblaxe.
- Realización de reformas, ampliación e mellora de inmobles de titularidade da entidade solicitante.
- Compra de materiais de uso técnico e artístico vinculados ao desenvolvemento da programación das actividades da entidade.
Prazo de solicitude: ata o 31 de marzo de 2023.
Importe da convocatoria: 300.000 €
Importe do orzamento de gastos: Mínimo 3.000 €
Importe da subvención que se vai conceder: Mínimo 1.500 €
Importe solicitado: Ata o 80 % do orzamento de gastos subvencionable