Novas
Declaración FEMP 25N: Día internacional da eliminación da violencia contra a muller
Hoxe, 25 de novembre, conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, conscientes de que a violencia que sofren as mulleres e nenas polo feito de selo segue a ser un problema estrutural que atravesa fronteiras, culturas e circunstancias. Os concellos, diputacións, cabildos e consellos insulares unímonos para reafirmar o noso compromiso coa loita pola igualdade e a dignidade.
A erradicación da violencia contra as mulleres é unha tarefa que corresponde a toda a sociedade como parte dun esforzo colectivo para transformar as estruturas que perpetúan o machismo e a desigualdade, evitando caer nos discursos negacionistas, porque a pesar dos avances lexislativos en España, aínda queda moito por facer.
É imprescindible que toda a sociedade se una na condea da violencia machista en todas as súas manifestacións, e que traballemos colectivamente para construír un futuro no que ningunha muller deba vivir con medo. Só co compromiso activo de todos e todas poderemos erradicar este fenómeno estrutural.
Dende o ano 2003, en España máis de 1.279 mulleres foron asasinadas a mans das súas parellas ou exparellas; e no que levamos de ano, 24 menores quedaron orfos. A esta traxedia debemos sumar as innumerables violencias cotidiás que permanecen moitas veces invisibles e silenciadas: a violencia económica que priva ás mulleres da súa independencia; a violencia vicaria, onde os fillos e fillas son utilizados como instrumentos de sufrimento; a violencia dixital, que se manifesta en ameazas, acoso e chantaxe na contorna virtual; e a trata de mulleres e nenas con fins de explotación sexual, unha das formas máis crueis de esclavitude contemporánea. Non podemos esquecer tampouco o uso da sumisión química, unha práctica deplorable que convirte ás vítimas en obxectos sen vontade para ser violentadas impunemente.
Tampouco podemos ignorar as formas extremas de violencia que se agravan en contextos de guerra e conflito armado, onde mulleres e nenas son utilizadas como armas de guerra, sufrindo violacións, abusos e esclavitude sexual, crimes que con demasiada frecuencia quedan impunes. Estas atrocidades esixen reforzar o noso compromiso coa defensa dos dereitos humanos e a protección das vítimas, esixindo xustiza e reparación en todas as partes do mundo.
Nun día como hoxe, lembramos especialmente ás mulleres e nenas de Afganistán, a quen as novas leis do réxime talibán privaron aínda máis de liberdade, recluíndoas nos seus fogares, sen acceso á educación, ao traballo nin a vida pública. Esta regresión de dereitos é un doloroso recordatorio de que a loita pola igualdade e a xustiza non pode cesar, e que a comunidade internacional debe redoblar os seus esforzos para asegurar que os dereitos das mulleres non sexan socavados nin silenciados en ningunha parte do mundo.
Este ano, congratulámonos dun avance crucial no ámbito europeo: a Directiva 2024/1385 do Parlamento Europeo e do Consello, de 14 de maio de 2024, sobre a loita contra a violencia contra as mulleres e a violencia doméstica. É unha norma que marca un fito na protección dos dereitos das mulleres, establecendo medidas para combatir a violencia de xénero e garantir o acceso á xustiza e a protección das vítimas e obriga aos Estados membros a adoptar medidas que fortalezan os servizos de apoio, aseguren unha adecuada resposta penal mediante a tipificación de novos delitos -como, por exemplo, o ciberacoso- e que promovan a cooperación transfronteiriza, garantindo que ningunha muller quede desprotexida polas fronteiras internacionais.
Por este motivo, instamos ao Goberno de España a proceder canto antes á trasposición desta directiva ao ordenamento xurídico e normativo nacional, coa fin de garantir que as vítimas de violencia de xénero reciban toda a atención e protección necesarias, de acordo cos estándares europeos. Esta implementación é fundamental para asegurar a plena efectividade dos dereitos recoñecidos ás vítimas no ámbito comunitario, consolidando así o marco normativo que reforza a súa protección e asistencia integral no territorio español.
Os concellos, a través da FEMP, comprometémonos firmemente a seguir mellorando a coordinación entre as distintas institucións implicadas na loita contra a violencia de xénero, para asegurar que as vítimas reciban o apoio integral que necesitan para superar a violencia sufrida. Así mesmo, instamos a todas as administracións competentes a redoblar esforzos na formación continua dos profesionais que interveñen na atención ás vítimas, coa fin de garantir unha resposta especializada e de calidade que cubra todas as súas necesidades dende un enfoque integral e multidisciplinar.
Por iso, facemos un chamamento a todas as entidades locais para adherirse a esta declaración e sumarse a este esforzo conxunto por unha sociedade máis xusta, libre de violencia e verdadeiramente igualitaria.
Hoxe, máis que nunca, é a nosa responsabilidade denunciar publicamente todas as formas de violencia contra a muller, para que o silencio e a complicidade non teñan cabida na nosa sociedade. É hora de que a vergoña recaia onde debe estar: en quen exerce a violencia, non en quen a sofre.