Novas
Declaración institucional da FEMP polo Día Internacional do Medio Ambiente
«As nosas terras. O noso futuro. Somos a #XeneraciónRestauración»
Os solos estanse degradando, as sequías aumentan e as terras que algunha vez foron fertis estanse convertendo en desertos. Pero hai esperanza. O 5 de xuño, Arabia Saudita acollerá o Día Mundial do Medio Ambiente 2024, unha celebración mundial do planeta que este ano céntrase na desertificación, a degradación da terra e a resiliencia ás secas.
A nivel global, máis de 2 mil millóns de hectáreas de terra están degradadas, o que afecta á metade da poboación mundial e ameaza innumerables especies.
Todos os que estamos vivos agora somos parte dunha xeración que é a primeira en presenciar os efectos devastadores da degradación ambienta.
A seca, a degradación da terra e a desertificación teñen o potencial de destruír a vida no planeta Terra. Agora que comeza a campaña polo Día Mundial do Medio Ambiente, é unha boa oportunidade para involucrarse.
A mensaxe é clara. É necesaria a restauración dos ecosistemas a gran escala para abordar o cambio climático, salvar especies da extinción e asegurar o noso futuro.
Este ano, o Día Mundial do Medio Ambiente dirixirá a ollada do mundo cara tres desafíos perigosos, aínda que a menudo pasados por alto: a degradación da terra, a desertificación e a seca. A nosa prioridade agora debe ser restaurar os ecosistemas: coidar dos nosos bosques, replantar novas superficies, rehumedecer as nosas marismas e revitalizar os nosos solos.
Unha das formas máis efectivas de restaurar terras degradadas, deter a desertificación e aumentar a resiliencia á seca é mediante a restauración dos ecosistemas. E o bo da restauración é que pode ocorrer a calquera escala. Isto significa que todos teñen un papel que desenvovler.
O tema elixido para o Día da Desertificación e a Seca deste ano: Unidos pola Terra, o noso legado, o noso futuro. Busca mobilizar á sociedade en apoio da administración sostible da terra. O 17 de xuño celébrase tamén o 30º aniversario da Convención das Nacións Unidas de Loita contra a Desertificación, o único tratado internacional xuridicamente vencellante sobre xestión da terra e seca.
O cambio climático está agravando a desertificación: neste momento, uns 2 mil millóns de persoas viven en terras secas vulnerables á desertificación, o que podería desprazar a uns 50 millóns de persoas para 2030.
Arredor dunnha cuarta parte da poboación mundial vese afectada pola seca. O estado dos nosos solos en Europa tamén se deteriora rapidamente. Protexer o solo e a terra é un desafío global. Necesitamos actuar xuntos hoxe para que as xeracións do futuro poidan ter acceso a recursos naturais vitais. Só poderemos alimentar á humanidade e facer fronte á crise climática e de biodiversisdade se temos chans sans.
A Resolución do Parlamento Europeo, do 19 de maio de 2021, sobre os efectos do cambio climático nos dereitos humanos e o papel dos defensores do medio ambiente, lembra a obriga dos Estados de protexerlos do acoso, aintimidación e a violencia, así como de garantir as súas liberdades fundamentais, e o seu deber de recoñecer os dereitos dos pobos indíxenas e das comunidades locais, así como de celebrar a aportación da súa experiencia e os seus coñecementos na loita contra a perda da biodiversidade e a degradación medioambiental, pedindo unha maior cooperación con estas colectividades e animando á Comisión a seguir impulsando o diálogo e a colaboración entre os pobos indíxenas e a Unión Europea.
Países de todo o mundo estanse a mobilizar para conmemorar o Día do Medio Ambiente e o Día da Desertificación e a Seca cunha variedade de actividades educativas, culturais e deportivas, dende proxeccións de películas ata torneos de fútbol e dende plantacións de árbores ata concursos de xardinería.
Neste contexto, o día 5 de xuño, data de conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente, a Federación Española de Municipios e Provincias en representación do mundo local no seu conxunto, quere sumarse á iniciativa promovendo entre o ámbito local actuacións sobre a sostenibilidade, o coidado do medio ambiente e a conciencia climática.
Por todo isto, a Xunta de Goberno da FEMP extende unha invitación a todas as entidades locais a unirse a esta Declaración Institucional da FEMP, para respaldar todas as iniciativas encamiñadas ao fomento dos principios do Pacto Verde Europeo: economía circular, enerxía limpa, eficiencia enerxética, mobilidade sostible, incremento da biodiversidade, eliminación da contaminación e loita contra o cambio climático no noso planeta cos seguintes obxectivos:
- Reiterar a tolerancia cero ante calquera acción violenta contra a degradación do medio ambiente e a degradación do noso planeta.
- Replantar os nosos bosques e aprques naturais, rehumedecer as nosas marismas e revitalizar os nosos solos.
- Frear a perda de biodiversidade e protexer os ecosistemas e, en especial, facer fronte á seca, a desertificación e a degradación da terra que ameazan ás rexións do noso país, Europa e o planeta Terra.
- Promover a conciencia pública sobre as cuestións relacionadas coa desertificación, a degradación da terra e a seca.
- En liña coa ONU, dende o ámbito local, facémonos eco da voz da mocidade, que é o futuro do noso planeta, para facer fronte ao cambio climático.
- Dar visibilidade á Plataforma de Comunidades Locais e Pobos Indíxenas de Nacións Unidas e comprometernos co papel crucial que teñen estas colectividades para a consecución dos obxectivos do Acordo de París.
- Valorar os nosos espazos verdes non só dende o punto de vista paisaxístico, botánico e de ocio, senón tamén por outros moitos servizos ecosistémicos que nos presta, en termos de saúde física e mental, protección da biodiversidade, incremento da equidade social, desenvolvemento da economía verde.
- Potenciar o cambio na xestión tradicional dos parques e xardíns municipais cara a xestión da infraestrutura verde municipal, co fin de lograr que os nosos pobos e cidades sexan máis sostibles, saudables e resilientes.
- Impulsar en liña coa Rede de Gobernos Locais + Biodiversidade da FEMP o modelo de municipio verde e biodiverso 3/30/300, cos principais obxectivos de recuperar e preservar a biodiversidade urbana, crear cidades e pobos máis saudables e habitables.
- Fomentar as accións no ámbito da reducción de emisións de CO2, a mellora de eficiencia enerxética, o fomento da mobilidade sostible e a prevención na xeración de residuos que contribúan á adaptación e loita contra o cambio climático, en colaboración e coordinación coas actuacións da Rede Española de Cidades polo Clima da FEMP.