Novas
DESEÑANDO O TEU FUTURO 2017
Ábrese o prazo de inscrición para os mozos e mozas que estean interesados en participar no proxecto ‘Deseñando o teu futuro,’ co que poderán ter o seu primeiro contacto co mundo laboral en empresas da comarca. Este ano, colaboran na iniciativa os municipios de Vilasanta, Curtis e Sobrado dos Monxes.
O programa, dependente da dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, está destinado a xóvenes de 14 a 18 anos de idade, que terán a oportunidade de realizar estadías en empresas este verán durante 15 días hábiles. Durante ese tempo, os mozos adquirirán coñecementos e habilidades que favorecerán o seu desenvolvemento persoal e facilitarán a toma de decisións na súa traxectoria formativa profesional.
Nesta edición hai 15 prazas. Os interesados terán que poñerse en contacto co seu Concello antes do 30 de xuño.
En canto as empresas interesadas en ter a estos rapaces, tamén deberán poñerse en contacto canto antes co Concello.