Novas
DÍA DAS LETRAS GALEGAS, PARTICIPA!, publicado o 11-05-2020
DIA DAS LETRAS GALEGAS. 17 de maio. Participa con nos !!!
Este ano o día das Letras Galegas está adicado a Ricardo Carvalho Calero.
Con motivo da súa celebración propoñémosvos que participedes con nós.
Podedes enviarnos uns refrás para facer o Libro do refraneiro de Vilasantar. Tamén podedes enviarnos algunha cantiga ou lenda antiga que se vos ocurra ou que vos conten vosos avós/as ou pais/nais.
Tamén podedes coller algún texto que vos guste de algún das publicacións de Ricardo Carvalho Calero.
Calquera aportación que se vos ocurra…Publicarémolas todas na páxina web do Concello unha vez pasado o día de celebración, o 17 de maio.
Enviade todas as vosas propostas ao email trinidad.veiras.freire@vilasantar.com
Aquí vos deixo algúnha das nosas propostas:
1. nunca choveu que non escampara”
2. “Bate meu leite
na cántara nova
con tres pelouriños
e mailo da roda.
Bate meu leite
se te has de bater
que na casa teño
quen te ha de comer”
2. “Caracol, col, col
bota os teus cornos ó sol
para min, para ti,
para o rei que vén aquí.
Caracol, col, col,
deita os corniños ó sol.
Caracol, col, col,
sae da casa que xa hai sol”
(……………..)