Novas
DOAZÓN DO VILASANTAR C.F. pulicado o 08-05-2020
Hoxe é un día especial, venres 8 de maio, preto das dúas da tarde, temos unha agradable sorpresa no Concello de Vilasantar. Chega unha furgoneta con tres veciños, pertencentes todos eles á S.D.Vilasantar, que traen un gran lote de alimentos non perecedeiros para donar ao Concello de Vilasantar. Aceite de oliva e xirasol, vinagre, leite enteira e semi, zumes de varios sabores, garbanzos, lentexas, alubias, pasta de todo tipo, salsa de tomate, pan tostado, conservas de atún, conservas de piña en almibar, sal, arroz, fariña, café e café descafeinado, productos sen glutem e algunha que outra lambonada. O Alcalde, Fernando Pérez, agradece en nome de toda a corporación municipal, este gran acto de xenerosidade. Estes alimentos son entregados aos servizos sociais do concello, os cales distribuirán en caixas e serán entregados as persoas/familias máis vulnerabeis de Vilasantar e que o agradecerán enormemente. O alcalde transmitiulles que a doazón feita levará unhos grandes sorrisos a toda a xente beneficiaria. Antes de marchar, a Presidenta do clube manifesta que para a semana doarán productos frescos e tamén productos conxelados. Dende hoxe o equipo de fútbol de Vilasantar é tamén un equipo solidario. Son unhos heroes. En nome do Concello e dos veciños de Vilasantar GRAZAS en maiúsculas. E certo, hoxe é un día moi especial!!