Novas
DONACIÓN POR BIOETANOL GALICIA, S.A; publicado o 19-06-2020
Onte, 18 de xuño de 2020, a empresa Bioetanol Galicia, S.A. a través da súa fundación Vertex Bioenergy donou ao Concello de Vilasantar 4 garrafas de hidroalcohol de 5 litros cada unha. Tamén fixo entrega dunha garrafa á agrupación de voluntarios de protección civil de Vilasantar. Donarán tamén 3 garrafas ao colexio público de Présaras e unha garrafa máis á vivenda comunitaria situada no concello de Vilasantar.
Dende o Concello de Vilasantar agradecemos sinceiramente a xenerosidade e o apoio da empresa que axudará a que tod@s xuntos poidamos sair adiante.