actividades municipais
Festa de maiores 2026 en Vilasantar
Se tes máis de 60 anos, xa te podes anotar para participar na festa dos maiores! Será o 19 de xuño, comezando cunha misa solemne na igrexa de Présaras ás 13:00 h, para a continuación desprazarnos ao xardín botánico se fai sol ou pavillón de Présaras se chove, onde comezará o xantar ás 14:00 h.
O menú consitirá en empanada de bonito, polbo á feira, xarrete de tenreira galega con patacas e verduras de guarnición, pastel de queixo e tarta de améndoas, café con gotas e augardente do Ulla, viño tinto e branco DO, refrescos e auga. A xornada estará amenizada por un dúo musical.
As persoas empadroadas en Vilasantar maiores de 60 anos poderán acudir de xeito gratuíto, mentres que as non empadroadas con vivenda en Vilasantar terán que aboar 20 euros e as que non teñan casa, 30 euros.
Os pagos deberán efectuarse na conta de Abanca ES16 2080 0024 1931 1000 0012, especificando no concepto “Festa dos maiores 2026”, indicando nome, apelidos e DNI. Deberase entregar o xustificante de pago no momento de anotarse.
O día límite para confirmar a asistencia é o 15 de xuño e pódese facer chamando ao 981 778 169 ou 981 77 82 57.



