Novas
Galicia pon en marcha o teléfono específico de atención administrativa xeral e preferente para as persoas maiores de 65 anos. PUBLICADO 06/10/2022
Dende o día 3 de outubro, está operativo o teléfono de asistencia directa para os galegos maiores de 65 anos para a axuda na realización de trámites coa Administración.
Trátase dunha iniciativa pioneira orientada a proporcionar unha atención máis personalizada, ademais de apoiar a independencia dos maiores, cuxo contacto coa tecnoloxía está moi por debaixo da media do resto da cidadanía. A liña da Canle+65 no número 900 333 666 evitará a escoita de mensaxes automatizadas e a marcacións de opcións, facilitándolles ás persoas maiores o contacto cun operador humano.
Este servizo ten como obxectivo romper a fenda dixital e facilitar o contacto directo coa Administración galega que inclúe servizos como:
- Cita en Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde.
- Atención nas oficinas de Información e Rexistro da Xunta de Galicia.
- Atención nas oficinas da Axencia Tributaria de Galicia.