Novas
INFORMACIÓN SOBRE A REDE CULTURAL DO ANO 2022. Publicado 15/03/2022
Ponse en coñecemento que o día 17 de xaneiro de 2022, no BOP nº 10 publícanse
as bases reguladoras do programa da Rede Cultural da Deputación da Coruña do
ano 2022.
O prazo de solicitude é dende o día 11 ao 22 de marzo de 2022 (as 14:00
horas).
Financiase o desenvolvemento de catro programas específicos:
- Escena ao vivo: programación profesional de teatro, monicreques, maxia e danza para
concellos - Visións: programación profesional de cinema e contidos audiovisuais para concellos.
- Alicerce: programación de música, danza e teatro non profesional para concellos e
entidades sen ánimo de lucro. - Lingua a escena: espectáculos profesionais de artes escénicas e música para concellos.
O período de realización dos espectáculos é durante todo o ano 2022 e ata o día
31 de marzo de 2023.
As entidades sen ánimo de lucro poden realizar a súa solicitude a través do
programa Alicerce, e só poden solicitar un espectáculo (música, danza ou teatro)
A cantidade de financiamento é a seguinte: - A Deputación financia o 75% do importe do espectáculo para concellos.
- A Deputación financia entre o 30% e o 50% do importe do espectáculo para o
caso de entidades.
A consulta dos espectáculos faise na páxina web da Deputación da Coruña,
www.dacoruna.ga l, dentro do apartado de Cultura e dentro deste en Rede Cultural.
Para facer a solicitude é preciso contar con certificado dixital e farase a través da
Subtel da Deputación da Coruña.
Mais información: Departamento de Cultura do Concello e no BOP do 17 de
xaneiro de 2022 (nº 10).