Novas
MÓVETE NA CASA publicado o 01-04-2020
Nestes días de confinamento tornase complicado facer deporte. O estado de alarma obríganos a permanecer nas nosas casas, isto imposibilita que poidamos facer deporte o aire libre, acudir a centros deportivos, as escolas deportivas municipais e incluso sair a camiñar como o viñamos facendo ata agora.
Evitar o sedentarismo é posible, dar pequenos paseos dentro da casa, realizar exercicios co propio peso do corpo e traballar a mobilidade articular axudaranos a combatir a inactividade.
Propoñemos unha serie de enlaces, nos que se pode cliquear, para ver diversas actividades físicas que favorecen manternos en forma:
- O Grupo de Investigación en Xerontoloxía da Universidade da Coruña presenta una serie de exercicios sinxelos que vos animamos a que practiquedes diariamente:
- A Sociedade Española de Xeriatría e Xerontoloxía publica un interesante Programa para facer na casa durante a cuarentena:
- A Cruz Vermella ofrécenos unha serie de videos de ximnasia para maiores, que se centran nos movementos das principais articulacións, cuello, columna vertebral, brazos e pernas:
- Suxerimos tamén este canal de youtube dirixido por Patry Jordan para manterse en forma. Neste canal podemos atopar exercicios para fortalecer a musculatura do tren superior e inferior.
https://www.youtube.com/user/gymvirtual
Para os nosos menores aconsellamos facer deporte xogando en familia, botando man da creatividade, propoñer retos que impliquen movemento, bailar, facer circuitos de habilidade, laberintos, bolos en familia ou calquera actividade que se nos ocurra que implique movemento e nos manteña activos.
Familias, aquí vos acercamos algúns enlaces para ocupar o tempo de ocio facendo deporte.
- Neste primeiro vínculo atoparedes un montón de vídeos para bailar, facer yoga ou zumba:
- Nenas e nenos que vos guste o baile, en youtube tedes un montón de videos para facer deporte e divertirse en familia:
https://www.youtube.com/results?search_query=zumba+para+ni%C3%B1os&app=desktop
- LITTLE SPORTS un canal de youtube para aprender inglés e facer deporte o mesmo tempo:
https://www.youtube.com/channel/UCTIwFB4ciFi5ZCIu-VlwaOg/videos?app=desktop
- DAME10 unha proposta avalada polo Ministerio de Sanidade consta dunha serie de xogos que se poden realizar na casa:
https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/prevPromocion/Estrategia/DAME10.htm
- Este último enlace presenta xogos sinxelos e divertidos para amenizar o confinamento daquelas familias que tedes nenos e nenas máis pequenos