Novas
O BONO SOCIAL ELÉCTRICO PODERÁ SEGUIR SOLICITÁNDOSE A PARTIR DO 8 DE OUTUBRO
O Concello de Vilasantar e a Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña (FAEPAC), ante información erróneas emitidas polos medios de comunicación masivos, informa aos seus veciños que poderán seguir solicitando o bono social eléctrico a partir do 8 de outubro. Esta data límite unicamente marca o último día no que se poderá renovar o bono social, para aqueles que xa o gozaban. Chegada esta data aqueles que non renovasen a súa bonificación simplemente deixarán de percibir o desconto na súa factura eléctrica durante os días que transcorran ata que tramiten o bono social e lles sexa aceptada a solicitude.
As condicións para solicitar este novo bono social modificáronse polo que moitas unidades familiares que gozaban do antigo, agora non poderán ser beneficiarios. Por exemplo, según datos da CNMC, había 1,8 millóns de persoas que contaban co bono social por ter unha potencia contratada inferior a 3 Kw e que agora van perder ese dereito dado que no bono actual desaparece esa condición e só se lles concede segundo niveis de renda.
Para recibir asesoramento, os interesados poden pasar pola oficina de Servizos Sociais do Concello de Vilasantar. Ademáis, dentro da web de FAEPAC hai un espazo adicado ao bono social en http://faepac.gal/bono_social onde poden atopar toda a información relativa aos procedementos de solicitude. Así mesmo pódese solicitar asesoramento a través do teléfono 981 102 111 ou ben a través do correo electrónico consulta@faepac.gal.