Novas
OBRADOIRO: INTRODUCIÓN Ó MÉTODO BIOINTENSIVO DE CULTIVO
PROGRAMA DO CURSO
Trátase dun método de agricultura ecolóxica a pequena escala, enfocado ao autoconsumo e a mini-comercialización, desenvolto coa fin de cultivar os alimentos necesarios para unha dieta completa e nutritiva no espazo máis reducido posible, sen dependencia de ningún tipo de insumo externo. Os seus principios de actuación non só producen alimentos nutritivos e orgánicos, senon que tamén reconstrúen e melloran a fertilidade do solo.
Será impartido polos formadores Juan M. Martínez Valdez, Director de Ecopol, asesor de Ecology Action e responsable da difusión do método en Latinoamércica e Europa, e por Guillermo Rodríguez Barreiro, Enxeñeiro agrónomo e Mestre Nivel Intermedio do método.
Datas: 10 e 11 de abril de 2018.
Día 10 de abril de 16 a 20h, e día 11 de abril de 10 a 14h. (8 horas de duración total)
Lugar: Escola de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar
A quén vai dirixido: Persoas que teñen unha horta ou que teñen interese en aprender a cultivar alimentos de forma respectuosa co medio. Persoas interesadas en coñecer este método de produción agroecolóxica. Persoal docente e persoal dos concellos interesados en integrar a agroecoloxía e a alimentación local e ecolóxica nos centros e espazos públicos.
Prezo: 10 euros.
Prazas: Limitadas
Organiza: Amigos da Terra, Ecopol AC e Asociación Raiña
Hai posibilidade de aloxamento na escola para aquelas persoas que o desexen.
Para máis información ou reservas, podes contactarnos neste email asociacionraina@gmail.com ou no teléfono 693747500