Novas
OBRIGAS DE LIMPEZA NAS PARCELAS
A XUNTA DE GALICIA MODIFICOU VARIOS PUNTOS REFERENTES AS OBRIGAS DOS PROPIETARIOS NA LIMPEZA DE PARCELAS PARA A PREVENCIÓN DE INCENDIOS
- En qué cambian as distancias que hai que manter limpas de vexetación?
O principal cambio é que en torno ao solo urbano, de núcleo rural e vivendas illadas amplíase de 30 a 50 metros a distancia que ten que estar controlada a vexetación (tala e roza) e onde non poden haber especies pirófitas, como eucaliptos, piñeiros, acacias, toxos ou xestas.
Por xestión de biomasa enténdese que o estrato arbustivo ten que estar xestionado (rozado) e que a masa arbórea ten que estar aclarada e podada. Ademáis, nos 50 metros de franxa establecidos as copas das árbores deberán distar como mínimo 10 metros das edificacións e nunca poderán proxectar sobre os tellados. A franxa de 50 metros terá que respectarse en torno as edificacións e vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, gasolineiras, parques e instalacións industriais.
- Qué prazos hai para manter limpas as franxas de prevención de incendios?
A xestión da biomasa deberá realizarse antes do 31 de maio (antes, 30 de xuño) e en caso de ser requerido, o propietario dispón por Lei dun prazo de 15 días prorrogable en casos debidamente xustificados. A obriga de rozar o terreo é do propietario e poderán contratalo ou elixir sistema que considere oportuno. De non atender á limpeza se dará inicio do expediente correspondente coa posible sanción.
- A qué sancións se expón un propietario que non limpe a parcela?
A resolución do expediente corresponde á Consellería de Medio Rural. As multas varían de 100 a 1.000 € en caso de infraccións leves, de 1.001 a 10.000 € as graves e a partir de 10.001 € en caso de moi graves.