Novas
“OCUPA O TEU TEMPO NA CASA” publicado o 18-03-2020
Dende o Concello de Vilasantar queremos animar aos nosos veciños, sexan nenos, xoves ou maiores, a ocupar e aproveitar o tempo que temos que estar na casa para evitar a propagación do COVID-19. Estas son tan só unhas alternativas dos milleiros que podedes atopar; a nós para comezar, parécennos moi atractivas.
1.- Na páxina da UNESCO tes acceso á biblioteca dixital mundial. Poderedes aproveitar o tempo culturalmente, qué regalazo da unesco para a humanidade enteira!, qué millor momento!. Reune mapas, textos, grabacións, fotos… de todos os tempos e explica as xoias e reliquias de todas as bibliotecas do planeta. https://www.wdl.org/es/
2.- IDEAS PARA FACER ESTES DÍAS COS NENOS/AS NA CASA.
Para os máis cativos mandamos este pdf, onde atoparedes un conxunto de aplicacións con distintas actividades para tablet ou móvil e distintas webs para o ordenador; actividades de manualidades, sensoriales, para material imprimible, museos virtuales, canles de you tube de contos infantís, e 70 ideas fáciles para xogar dentro da casa.
3.- Mandamos tamén un calendario para manternos en forma na casa; sólo tendes que clikar encima de cada día e comeza un video da clase. Para quen poida…ou quen queira.
4.- Tedes por internet un montón de páxinas nas cales vos aconsellan como pasar o tempo na casa.
Aquí tedes unha: https://es.wikihow.com/pasar-tiempo-en-casa
Tócanos ser responsables e dende o concello de vilasantar, aconsellamos:
QUÉDATE NA CASA
Publicado o 18 de Marzo de 2020