Novas
PAPA NOEL VISITA A GARDERÍA OS PICARIÑOS E O CEIP DE PRÉSARAS. Publicado 22/12/2020
Accede á galería fotográfica para ver todas as fotos da xornada.
Hoxe tivo lugar a visita de Papá Noel á Gardería «Os Picariños» onde os sorprendeu coa súa visita e agasallos. Posteriormente acudiu a visitar os rapaces do CEIP de Présaras , que con motivo da situación Covid e gardando as distancias de seguridade e con tódolos protocolos esixidos, recorreron as rúas de Présaras e cada neno recibiu o seu agasallo e os bos consellos de Papá Noel.
Este ano debido a situación xerada polo Covid os nenos recibiron un recado emitido por Papá Noel: que os Reis Magos debido a pandemia non poderán xuntarse como os outros anos cos nenos do Concello, pero que o día 5, cumprindo coa tradición, visitarán aos nenos do Concello que teñan 10 anos ou menos.