Novas
PRESENTACIÓN DO III OBRADOIRO DE EMPREGO «TERRAS DA MONTAÑA», publicado o 17-12-2020
Sobrado acolleu hoxe a presentación da 3ª edición do taller de emprego «Terras da Montaña». A iniciativa, promovida polos concellos de Sobrado, Curtis e Vilasantar, formará ao longo de nove meses a 20 alumnos/as en materia de xardinería e montes. Ao acto acudiron os alcaldes dos tres concellos, o profesorado e o alumnado do obradoiro. O obradoiro conta con 6 alumnos do concello de Vilasantar e tamén cunha veciña de Vilasantar como Directora.