Novas
PROGRAMA COMPANIO PARA MAIORES-2022; publicado o 23/05/22
Consiste na posta en marcha dun espazo na que os maiores poidan acudir para compartir momentos, experiencias e actividades xuntos, sendo eles mesmos protagonistas activos do programa.
Intercambiarán lembranzas e coñecementos sobre diversas temáticas, tales como a agricultura, as festas, os ditos populares ou os refráns.
O lugar de celebración é na escola ecolóxica e conta con servizo de recollida nos fogares.
Será un día á semana en horario de 10:30 a 13:00 horas.