Novas
PROGRAMA DE VIVENDAS BALEIRAS DO CONCELLO DE VILASANTAR
O concello de Vilasantar quere crear un rexistro de vivendas baleiras que sirvan para o alugueiro. E outro rexistro de persoas interesadas en arrendar.
Tanto os propietarios de vivendas baleiras que estean interesados en alugalas como os posibles inquilinos poden pedir información e anotarse no concello.
*As vivendas deberán estar desocupadas, ser habitables e non ter ningún impedimento legal para poder ser arrendadas.
*As vivendas pasarán unha inspección técnica, onde se valorará a súa habitabilidade.
*Os arrendamentos que se fagan por medio deste programa están asegurados gratuitamente cun seguro multirriscos do fogar e outro de garantía de cobro aos arrendadores.
*As vivendas pódense alugar con ou sen mobiliario. Pero deberán ter como mínimo mobles de cociña e electrodomésticos básicos.
*Existirá un compromiso de permanecer durante tres anos neste programa. O contrato de arrendamento deberá ser por un ano podendo prorrogarse a tres.
Información: servicios sociais do concello de Vilasantar, 981778257, na páxina web www.vilasantar.gal