Novas
PROXECTO AMBIENTAL CURTIS, SOBRADO E VILASANTAR; publicado o 07/10/21
Reforzando o proxecto realizado no 2020, dende o pasado mes de setembro iniciouse a edición 2021 do Proxecto Ambiental Vilasantar, Sobrado e Curtis co obxectivo de incrementar a concienciación social e sensibilización cidadá. Para a colaboración ambiental entre os tres concellos foron contratados 4 técnicos.
A principal función dos técnicos será a supervisión e control dos impropios dos distintos colectores dos tres concellos. Para isto, estase a levar a cabo unha campaña de concienciación de corrección de impropios nos fogares e centros educativos.
Co fin de poñer en valor o medio natural entre os mais cativos, o longo do mes de outubro realizaranse unhas xornadas divulgativas de recollida do lixo e posterior clasificación.
Ademais, controlaranse puntos específicos de contaminación para poder recuperar estas zonas, centrándose na posta en valor do patrimonio ambiental dos concellos ( rios, lagoas, rutas de sendeirismo…).