Novas
RECOLLIDA DE PLASTICO AGRICOLAS (silos e invernadoiros). Publicado 16/10/2020
NORMAS DE RECOLLIDA:
– Ata o día 28 de outubro anotaranse os avisos para a recollida dos plásticos agrícolas, chamando ao Concello para anotarse (981 778 169).
– O día 2 de novembro a empresa encargada fará a recollida nos lugares anotados.
– Os plásticos deberán estar debidamente atados en fardos. Estes plásticos almacenados e preparados para a súa recollida deberán ter a menor suciedade posible, procedente de terra, herba ou materia orgánica, e evitar conter outras materias impropias (tubaxes de pvc, garrafas, sacos big-bag, rodas…) que poden dificultar os traballos de reciclaxe e tratamento final de recuperación para novos usos. Nese caso será rechazada a recollida.
– Os fardos deben de estar a disposición nun punto de fácil acceso para o camión de recollida.
Ante calquera dúbida poden chamar ao Concello (981 778 169).