Novas
REUNIÓN DO ALCALDE DE VILASANTAR CON D. VALENTÍN GONZÁLEZ FORMOSO
O Alcalde de Vilasantar, Fernando Pérez, mantivo onte luns unha reunión na Deputación da Coruña co Presidente Provincial.
O alcalde doulle traslado da moción aprobada no pleno municipal por unanimidade de todos os /as concelleiros/as da corporación para o arranxo da estrada de titularidade provincial DP-3205. O presidente comprometeuse ao arranxo de dita estrada co fin de mellorar a seguridade vial. A obra executarase en tres tramos, comezando xa coa preparación do proxecto do primeiro tramo de 2 kilómetros 700 metros, que une Présaras coa Laxe.
A maiores o Alcalde solicitou colaboración para o arranxo da lámina do vaso máis dos vestiarios da piscina municipal.