actividades municipais, conciliación
Campamento de verán no CEIP de Présaras 2026
Xa está aberto o prazo de preinscrición para o campamento de verán de Vilasantar. Podes anotar ao teu pequeno ou pequena ata o 19 de xuño.
- Nenos e nenas de 3 a 14 anos. Terá preferencia a rapazada empadroada. Se quedan prazas libres, outorgaranse por orde de inscrición.
- Do 232de xuño ao 29 de agosto.
- De luns a venres, de 10:00 a 14:00 h, no colexio de Présaras.
O campamento de verán é unha actividade gratuíta que o Concello ofrece como apoio á conciliación ás familias na época de verán.
As faltas de asistencia non xustificadas, no caso de haber lista de agarda, poderán ser causa de baixa no servizo.
Máis información no 981 77 81 69
Actividade subvencionada pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e o Ministerio de Igualdade a través do plan Corresponsables.
Cultura
Obra de teatro «A Cabaleira» no CEIP de Présaras
A princesa Valentina está destinada por nacemento a ser raíña, pero que pasa se quere ser cabaleira e percorrer o mundo? Pois que se vai meter nunha morea de leas. E nós poderémolo presenciar grazas á obra de teatro de Medievándalos.
- 20 de decembro
- 15:15 h
- CEIP de Présaras
Novas
Aberta a preinscrición para o campamento de Semana Santa
O campamento de Semana Santa terá lugar os días 3, 4, 5 e 10 de abril no CEIP de Présaras, de 10:00 a 14:00 h. O prazo de preinscrición está aberto ata o 30 de marzo entregando as follas de inscrición nas dependencias municipais ou no colexio.
O campamento está destinado a nenas e nenos escolarizados de tres a doce anos e as prazas asignaranse por estrito orde de inscrición, dando prioridade aos empadroados no Concello de Vilasantar. As faltas de asistencia non xustificadas poderán ser causa de baixa no servizo. Recomendamos levar auga e un aperitivo saudable para tomar a media mañá.
Máis información chamando ao 981 77 81 69



